Actividades infantís, portas abertas, coloquios ou visitas guiadas polo Día Internacional dos Museos
Este domingo 18 de maio celébrase o Día Internacional dos Museos, polo que algúns destes espazos da cidade organizan actividades especiais como xogos infantís, portas abertas, coloquios ou visitas guiadas. Algúns museos ofrecen unha programación conxunta co Día das Letras Galegas, que se celebra o sábado 17.

MUSEO DO MAR
- Domingo 18 – Xornada de portas abertas de 11:00 a 14:00 h e de 17:00 a 20:00 h. Tamén haberá un xogo de resolver pistas para familias, no que se agasallará unha guía dos Bolechas no Museo do Mar. É preciso levar bolígrafo ou lapis.
MARCO
- Xoves 15 de 9:30 a 13:40 horas. Xuntanza de Bibliotecas, Arquivos e Centros de documentación. Xornada técnica para profesionais de Bibliotecas, arquivos e centros de documentación. | Inscrición: centro.documentacion@marcovigo.com
- Venres 16 de 17:00 a 20:30 horas. Xornada sobre Pedagoxía e Sociedade. | Inscrición: https://n9.cl/nndpo
- Sábado 17 de 12:00 a 13:45 horas. Celebración do Día das Letras e o Día dos Museos dun xeito singular. O panóptico do Museo será o escenario de gravación de Efervesciencias, o programa da Radio Galega conducido por Manuel Vicente, nunha sesión aberta ao público que une o potencial dos avances tecnolóxicos coa innovación e a enerxía da mocidade. | Inscrición: info@lumes.gal
- Paralelamente, no Espazo Anexo (Laboratorio das Artes), o obradoiro para público infantil Falamos en chinés? xirará ao redor da mostra de Alfonso Galván, recentemente inaugurada no 1o andar. De 11.00 a 12.30 (de 3 a 6 anos) e de 12.30 a 14.00 (de 7 a 12 anos). | Inscrición: recepcion@marcovigo.com
- Finalizan a fin de semana o domingo 18 de 12:00 a 13:30 horas, cunha actividade de Ciencia en familia conducida por Estíbaliz Espinosa del Río. | Inscrición: info@lumes.gal

MUSEO LISTE
Sábado 17 – Programación conxunta co Día das Letras Galegas
- 10:00 h. RECÉN CHEGADAS: Mesas de dinámica participativa de reflexión e coñecemento da nosa riqueza lingüística a través das verbas recentemente incorporadas ao Dicionario da Real Academia Galega.
- 10:30 h. QUEN CANTA, O MAL ESPANTA: Actividade arredor da poesía popular oral con audicións, comparativa e especial atención á figura das CANTAREIRAS protagonistas do día.
- 11:00 h. Visita guiada especial “O FUTURO DOS MUSEOS EN COMUNIDADES EN CONSTANTE CAMBIO”: convida a reimaxinar o papel dos museos como conectores esenciais, innovadores e gardiáns da identidade cultural.
Actividades sen inscrición previa, ata completar aforo
- 12:30 h. ENTREGA DE PREMIOS: XII Concurso Fotográfico e XIII Concurso de Relatos para nenas e nenos de E. P. e E.S.O.
Durante toda a xornada – APAÑANDO VERBAS PERDIDAS: Recollida de vocábulos en desuso
FUNDACIÓN LAXEIRO
Domingo 18
- 12.15h. Sala B. Visita comentada á exposición temporal Seis cabezas de Alejandro Fuertes (Avilés, 1997) a cargo do artista e Javier Pérez Buján, comisario da exposición. Seis cabezas é un proxecto escultórico, parte da investigación de Alejandro Fuertes sobre os residuos sólidos urbanos como material para a creación artística, que é o tema central da súa tese de doutoramento. Neste proxecto o autor adoita o que el chama estética da devastación, mediante a que ofrece unha reflexión sobre as contradicións do consumismo exacerbado nas sociedades contemporáneas e a transformación en lixo de todos os produtos consumidos, un movemento que utiliza tamén como metáfora da fugacidade da vida, e a certeza da morte.
- 13.00h. Sala A. Visita comentada á Colección permanente, formada por 68 obras de Laxeiro, a cargo do director artístico da Fundación Laxeiro, Javier Pérez Buján quen, ademais de facer un percorrido pola traxectoria do artista a través das súas obras, presentará dúas novas incorporacións, dous depósitos temporais procedentes de coleccións particulares, como son Grupo de feirantes, de 1932, un interesante óleo sobre lenzo no que a través da elección dun tema popular, é patente o compromiso dun Laxeiro moi novo, coas linguaxes das vangardas. A outra peza incorporada é a titulada Anano afogado, un óleo sobre lenzo de 1958 que supón un exemplo rotundo da liña tenebrista do pintor.
Reservas: As visitas son gratuítas, mediante envío dun correo a fundacion@laxeiro.org antes do venres 16 ás 14:00 h.