Aberta a participación á II edición do certame de poesía Carlos Oroza, con dous premios de 6000 euros
Tras o éxito de participación da primeira edición, a Asociación Évame Oroza convoca a segunda edición do Premio Internacional de Poesía Carlos Oroza. Consta, novamente, de dúas categorías: unha para os exemplares escritos en galego e outra para os de castelán. A apertura do período de recepción de orixinais comezou este xoves 20 de marzo.

A Asociación Évame Oroza, apoiada pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia, anunciou este xoves 20 a segunda edición do Premio Internacional de Poesía Carlos Oroza despois do éxito que da primeira edición. Contará de novo con dúas categorías, unha en galego e outra en castelán, e cada unha delas terá unha dotación de 6.000 euros e unha figura do poeta Carlos Óroza realizada en bronce pola artista Cuqui Piñeiro.
Ademais destes premios, cabe destacar a importancia do recoñecemento á Mellor Iniciativa Musical de Divulgación da Poesía, que se decidirá no mes de marzo na xuntanza da Directiva da Asociación Évame Oroza. Este premio tamén está dotado cunha figura de bronce do escritor.
O xoves 20 de marzo abriuse o perído de recepción das obras. O último día para presentarse será o 18 de maio. Do 30 de maio ao 30 de xullo aproximadamente, terá lugar a lectura de orixinais en castelán por parte de seis persoas que actuarán como prexurado. O xurado definitivo entra en accióndo 4 de agosto ao 4 de outubro. Finalmente, o 24 de outubro (data provisional) será a Gala de entrega de Premios Carlos Oroza. Tanto o xurado como o prexurado estará formado por persoas de recoñecida valía no campo da literatura, poden ser tanto escritores como escritoras, como libreiras, docentesO xoves 20 de marzo abriuse o perído de recepción das obras. O último día para presentarse será o 18 de maio. Do 30 de maio ao 30 de xullo aproximadamente, terá lugar a lectura de orixinais en castelán por parte de seis persoas que actuarán como prexurado. O xurado definitivo entra en accióndo 4 de agosto ao 4 de outubro. Finalmente, o 24 de outubro (data provisional) será a Gala de entrega de Premios Carlos Oroza. Tanto o xurado como o prexurado estará formado por persoas de recoñecida valía no campo da literatura, como escritoras, libreiras, docentes, críticos…

Por outra parte, no local de Évame Oroza tamén se levarán a cabo exposicións de arte. O calendario para o 2025 é o seguinte:
- Xulio García Rivas desde o 14 de marzo ata o 25 de abril. O artista galego traerá ao local unha selección de obra pictórica cun plantexamento minimalista do espazo.
- Din Matamoro desde o 2 de maio ata o 13 de xuño. O arista preparou unha exposición de gravado vinculado coa obra de Carlos Oroza, a cal é a primeira vez que se pode ver en público e coa que retoma unha publicación de texto do poeta, así como deseños orixinais do artista da súa primeira época.
- Antón Lamazares desde o 19 de xuño ata o 8 de agosto. Artista galego vinculado ao famoso Grupo Atlántica. A súa obra está marcada pola súa mirada abstracta, polo que acadou recoñecemento internacional.
- Félix de la Concha desde o 29 de agosto ata o 31 de outubro. Este pintor de orixe berciana tivo un periplo artístico que o levou por diversos países europeos e os Estados Unidos. A súa obra pode atoparse en coleccións da Universidade de St Gallen en Suíza e o Hood Museum of Art de Hanover, entre outras moitas repartidas polo mundo.
- Menchu Lamas desde o 7 de novembro ata o 31 de decembro. A artista galega co-fundadora do Grupo Atlántica será a encargada de pechar o ano expositivo da asociación. A súa obra destaca polo cromatismo e por combinar elementos figurativos e abstractos.

Ademais das exposicións, tamén organizan numerosas actividades culturais que axudan a consolidar a oferta cultural da cidade. O calendario para o 2025 é o seguinte:
- Acto arredor do 8M: Mulleres á fronte. Data por definir (26 ou 27 de marzo). Conversa con tres mulleres que destaquen porque a súa actividade se desenvolva nun espazo maioritariamente masculino.
- Día da poesía: Equinoccio dos Animais Nocturnos. 21 de marzo. Recital poético con micro aberto e acción poética.
- Recital de poesía con participación do público: Sesión de espiritismo. Ouija literaria. Data por definir (30 ou 31 de novembro). Recital de clásicos da poesía con participación do público con 4 poetas convidadas e unha persoa actuando como presentadora, ademais dun músico en directo.
- Día das Letras Galegas.17 de mayo.
- Presentación do libro Canta, miña compañeira de María Lado.
- Proxección do documental Dorothé na Vila con coloquio.
- Reguéifame Oroza.
- 2ª edición do ciclo charlas abertas. 3 venres consecutivos. Tres sesións de conversas entre dúas persoas dedicadas á creación de calquera eido que, malia chegaren de campos aparentemente dispares, comparten un elemento común.
- Festival de poesía e oralidade Máis Alto que o Ceo. Tres recitais individuais, un concerto-recital de pequeno formato e unha acción poética a medio camiño entre o recital de poesía e o espectáculo con participación do público.
