REVISTA ABRIL

Nace o Premio Internacional de Poesía Carlos Oroza

Coincidindo co Día da Poesía, a Asociación Évame Oroza lanza o Premio Internacional de Poesía Carlos Oroza. O certame terá carácter bianual e dúas categorías (castelán e galego) dotadas cun premio de 6.000€ cada unha. O prazo de participación vai desde o 22 de marzo ata o 30 de xuño. (Texto: Ana Costa)

REVISTA ABRIL
Xavier Romero, presidente da Asociación Évame Oroza. | P. Vázquez

A Asociación Évame Oroza, inaugurada este ano con motivo da celebración do centenario de Carlos Oroza, ten un dobre obxectivo: manter viva a memoria do poeta e promover a escrita de poesía tanto en galego como en castelán. Para ese cometido lanzan o Premio Internacional de Poesía Carlos Oroza de carácter bianual. As persoas interesadas poden presentar unha soa obra por modalidade (galego e castelán) a partir de mañá mércores 22 de marzo e ata o 30 de xuño. As obras debe ser orixinais, de temática libre e terán una extensión mínima de 500 versos. O xurado presidido por Antonio García Teijeiro (no caso das poemas en galego) e por Ignacio Gómez de Liaño (para as obras en castelán) dará a coñecer o seu veredicto en novembro de 2023. O galardón será de 6.000€ para cada unha das dúas modalidades. Por outra banda, haberá unha modalidade que recoñecerá a mellor iniciativa musical. Pódense consultar as bases nas seguintes ligazóns: Premio de Poesía en Castelan e Premio de Poesía en Galego.

A Casa da Collona, no Casco Vello Alto, é a sede desde hai uns meses desta asociación que ten abertas as súas portas para todas as persoas que a queiran visitar. Xavier Romero, presidente da Évame Oroza, insiste en que están “abertos a colaborar e crear alianzas con outros movementos culturais da cidade”. Romero tamén adiantou que o próximo 16 de maio arrincará en Vigo a exposición itinerante dedicada a Carlos Oroza polo seu centenario.

CONSULTA A AXENDA DE EVENTOS MÁIS COMPLETA DE VIGO