CAMELIAS MASCOTAS

Á venda as entradas para Love of Lesbian e Amaral en Vigo

As entradas para dous dos concertos máis esperados na terraza do Auditorio Mar de Vigo este verán xa teñen data de venda. Os fans de Love of Lesbian poderán adquirilas a partir de hoxe e os de Amaral, a partir de mañá.O Festival TerraCeo prevé programar un total de 30 actuacións de música e humor durante os meses de xullo, agosto e setembro na terraza superior do Auditorio Mar de Vigo.

REVISTA NOVEMBRO

Santi Balmes, Juli Saldarriaga e Dani Ferrer, compoñentes da coñecida banda indie Love of Lesbian inaugurarán a programación de agosto do Festival TerraCeo cun paseo polo repertorio máis clásico e divertido da banda nun formato íntimo para gozar do atardecer fronte ás illas Cíes. A cita é o 1 de xullo a partir das 20:30. Hoxe, xoves 25, a partir das 13h poderán ser adquiridas as entradas para este concerto na billeterira de ATaquilla.

Haberá que esperar a mañá, á mesma hora e no mesmo link, para que abra a billeteira do concerto de Amaral, que terá lugar o 19 de xullo. Eva e Juan tiñan previsto actuar no Auditorio de Castrelos o 25 de xullo, pero ante os contratempos, chegarán a Vigo cun formato acústico, acompañados únicamente das súas guitarras para interpretar temas recentes e éxitos de hai unha década.

A terraza ten unha capacidade máxima de 400 persoas para todas as actuacións, pensado para garantir a distancia social e as medidas de hixiene. O festival Terraceo está a ter moi boa acollida entre o público vigués. O 70% das entradas das actuacións do mes de xullo, que saíron á venda xa se venderon e as do concerto de Coque Malla do 30 de xullo esgotáronse en poucas horas.