REVISTA ABRIL

Coque Malla tamén estará no Festival Terraceo

O Mar de Vigo segue ampliando a lista de artistas convidados no Festival TerraCeo, que terá lugar nos meses de xullo, agosto e setembro na terraza superior do auditorio. Coque Malla súmase ao cartel do festival no que tamén haberá noites de humor e as actuacións de Los Secretos, Álex Ubago, Ariel Rot, Andrés Suárez e Don Patricio.

REVISTA ABRIL

Coque Malla, quen xa estivo no Auditorio do Mar de Vigo o pasado decembro, porá música ao solpor do 30 de xullo na terraza do mesmo recinto cunha proposta acordo coa atmósfera intimista do espazo. Será un concerto en acústico, no que o cantante e guitarrista madrileño comparecerá acompañado do pianista David Lads. Malla creou este formato, chamado ‘Gira imposible’ logo de ter que cancelar a súa xira este verán debido á situación sanitaria.

Con Coque Malla son xa nove as actuacións programadas polo FestivalTerraceo este xullo, única proposta polo momento das Festas de Vigo 2020. O cartel, composto por sesións de música e humor, está formado por Los Secretos (3 e 4 de xullo), Andrés Suárez (10 e 11 de xullo), Luis Zahera (12 de xullo), Rober Bodegas (16 de xullo), Ariel Rot e Federico Lechner (24 de xullo), Noites de retranca (25 de xullo) e Álex Ubago (31 de xullo). O Mar de Vigo ten previsto anunciar este venres a programación completa para o mes de agosto da que a día de hoxe só coñecemos a participación de Don Patricio (2 de agosto).

O Festival Terraceo está tendo moi boa acollida entre o público vigués, que xa esgotou as entradas para os dobres concertos de Los Secretos e Andrés Suárez. As entradas para o concerto de Coque Malla estarán dispoñibles na billeteira de Ataquilla a partir de hoxe, mércores 17, ás 15h.