CAMELIAS MASCOTAS

A Reconquista aspira a ser Festa de Interese Turístico Nacional

Aínda que quedan uns cantos meses para a súa celebración, este sábado terá lugar na Praza do Berbés a Festa de Presentación da Reconquista de Vigo, que nesta edición cumpre 25 anos desde a primeira vez que se levou a cabo.

REVISTA NOVEMBRO

Este sábado 27 coñeceremos a imaxe da XXV edición da Reconquista de Vigo, que todo apunta que se celebrará a principios do mes de abril do 2019. O obxectivo desta festa de presentación é o de converter á Reconquista en Festa de Interese Turístico Nacional. Pola súa historia e significación, tanto local como nacional, o obxectivo semella ambicioso pero posible. A festa cumpre con todos os requisitos necesarios para conseguilo, pero lle falta maior repercusión a nivel estatal. Se non se consegue para este ano, intentarase para o que vén.

A festa comezará a redor das 12:30 na Praza do Berbés, xusto en fronte da sede da Asociación de Veciños do Casco Vello, a organizadora do evento. A esa hora amenizará a celebración o grupo D’Esmorga, o que será o seu último concerto antes da presentación do seu novo disco, que será o 24 de novembro no Gato de Schrodinger.

O resto de concertos serán a partir das 21:00 e tocarán o Orfeón Mariñeiro do Berbés, Os Cuncheiros e The Tetas Van. Ademais de música, pola tarde haberá talleres infantís e postos gastronómicos para que a festa non decaiga. Será sobre as 21:30 cando se coñecerá a imaxe deste XXV Aniversario da Festa da Reconquista, que promete ser un evento aínda máis especial para a cidade.