A Holi Run convértese na Holi Life para propor novas actividades
A proba que antes coñecíamos como Holi Run foi renomeada por Holi Life. O motivo non é outro que a ampliación do evento cunha gran quedada o sábado chamada como “Holi Life Days”.
Este domingo, 13 de maio, celébrase en Samil a quinta edición da Holi Life. Trátase dunha proba non competitiva, pensada para todos os públicos na que se pode ir correndo ou camiñando xa que, como din os seus organizadores “o principal obxectivo é o divertimento”.
O percorrido será de cinco quilómetros, nos que cada mil metros haberá un punto de cor onde se soltaran toneladas de pos de cores.
A gran novidade deste ano é a ampliación do evento ao día anterior. O sábado 12 de maio de 11:00 á 14:30, no aparcamento do lado das canchas de baloncesto da Praia de Samil, celebrase unha gran festa da man da influencer laura_lp21. O evento é gratuito, cun aforo de 200 personas. Os asistentes poderán gozar dun DJ en directo, perruqueiros, maquilladores, charlas, aperitivos variados, facerse fotos no photocall e como non, polvos Holi! Os interesados en participar deberán encher este formulario.
Os organizadores de Holi Life aseguran que Vigo é unha das grandes cidades na xira Holi, sendo a única parada que fan en Galicia, e na que esperan batir récords de asistencia. Na edición do 2017 sumaron un total de 12.500 “holi runners”. Nesta quinta edición prevén igualar a marca ou superala.
As inscripcións poden facerse na web da Holi Life e a entrega de dorsais terá lugar o venres e sábado, de 11:00 a 19:00, no centro comercial Praza Elíptica, incluindo os pos de cores e unha camiseta.
O prezo de inscripción é de 19 euros en categoría individual (a partir de 13 anos) e en grupos (a partir de 4 persoas), 18 euros por persoa.
Os participantes de entre 8 e 12 anos pagarán 17 euros e os menores de 7, 1 euro.