CAMELIAS MASCOTAS

A editorial Galaxia retoma o Premio de Novela polo seu 75 aniversario

Este venres celebrouse no Café Vitruvia a presentación do Premio Galaxia de Novela 75 Anos. Pasou medio século desde que Carlos Casares gañou con Xoguetes para un tempo prohibido o premio convocado en 1975 para celebrar o 25 aniversario da editorial. Pensando no 2025 e no 75 aniversario, Galaxia quere recuperar este premio.

REVISTA NOVEMBRO
Membros da editorial Galaxia este venres no Café Vitruvia | P. Vázquez

Aínda recén comezou o 2024 e a Editorial Galaxia xa está a pensar, como di a ‘Foliada do Celta’, no ano que vén. Este venres presentouse no Café Vitruvia a recuperación do Premio Galaxia de Novela, que se entregará en 2025 coincidindo co 75 aniversario da editorial. O primeiro gañador deste certame, en 1975, foi Carlos Casares con Xoguetes para u tempo prohibido. No acto, participaron Xosé M. Soutullo, director xeral de Editorial Galaxia; Dolores Vilavedra, presidenta do xurado e conselleira da editorial; Marcos Calveiro, secretario do xurado e director de Edicións; e Antón Vidal Andión, presidente do Consello de Administración de Editorial Galaxia.

Poderán optar aos 25.000€ de premio todos os escritores e escritoras maiores de idade que envíen o manuscrito antes do 1 de decembro de 2024. Este deberá estar escrito en galego acorde á normativa vixente e non pode ter sido premiado noutro concurso. A extensión mínima é de 350.000 caracteres e amáxima de 700.000, contando espazos. Os orixinais deberán enviarse por correo, quintuplicados e baixo plica.

Podedes consultar as bases premendo aquí.