Visita o Bima Suci, un dos maiores veleiros do mundo construído en Vigo
O veleiro Bima Suci, construído no asteleiro vigués Freire para a Academia Naval de Indonesia en 2017 regresa ao porto onde naceu e poderá visitarse os próximos días.
Bima Suci é un dos veleiros máis grandes do mundo, con capacidade para que máis de 200 persoas durman nel e o seu uso principal será o adestramento de cadetes do exército indonesio. Mide 111 metros de longo e as súas velas teñen unha superficie total de 3.352 metros cadrados. A súa construcción custou máis de 70 millóns de euros.
Horario de visitas:
22 de agosto – de 15 a 21h
23 de agosto – de 10 a 17h
24 de agosto – de 10 a 21h
A visita é gratuíta
Paula Cermeño
Últimos posts de Paula Cermeño (ver todos)
- Galicia, punto vegano - 22 Outubro, 2024
- Amaral, Berto Romero e La Ruina participan no festival vigués que rende tributo ao Hematocrítico - 15 Outubro, 2024
- Vigo acollerá o festival internacional de cine Marengo Fest - 14 Outubro, 2024
- Al Wahab: cociña sirio-libanesa no centro da cidade - 5 Outubro, 2024
- Oito tendas de moda e creatividade que reinventan o estilo da nosa cidade - 4 Outubro, 2024