Ruta de pinchos en As Travesas ata fin de mes
A zona das Travesas ponse o mono de chef. Desde o venres 15 de xuño ata o sábado 30 todas as persoas que pasen polo barrio poderán participar na IV Ruta do Pincho e probar os distintos manxares que ofrecen os locais que conforman este percorrido, desde 1,50 € o pincho.
O evento, posto en marcha polo Centro Comercial Aberto As Travesas, pretende encher o barrio de sabor e ambiente todo o que queda de mes. Mercando nalgún dos comercios adheridos á asociación de comerciantes de As Travesas, conseguiremos o noso ‘bono-pincho’, o cal nos da dereito a probar 3 pinchos nos distintos establecementos a un prezo reducido. Por cada pincho recibiremos un selo, e cando teñamos os tres necesarios, cubriremos os nosos datos, o introduciremos nas urnas e participaremos no sorteo dunha estancia dunha noite no Hotel Talaso Atlántico, con buffet, cea e acceso ao spa.
Haberá unha gran cantidade de comercios participando, 19 en total: Tapería Bargalume, Quesum, Fonseca, MS Milanos, Cervecería Rey, Ruta 66, A Formiga, Pizzeria Dos Aires, Tortillería Papas, 3 de bastos, Tapería Lucerna, Triketa & Triketados, Cafetería Cambela, Café Bar Frida e El Greco Bar, entre outros. Os posuidores do bono pagarán 1,50 € por pincho, mentres que o prezo xeral sen el será de 2,50 €. O propio tríptico do bono servirá como mapa da ruta e como papeleta para votar ao mellor pincho en base á súa presentación, sabor e orixinalidade.
Esta ruta pretende, a través da gastronomía, atraer máis visitantes ao barrio e reforzar o comercio e a hostalería da zona das Travesas. Unha interesante maneira de coñocer novos locais, probar unha gran variedade de produtos e, quen sabe, de pasar dous días no Talaso Atlántico.