REVISTA FEBREIRO

O certame Exeria busca relatos orixinais sobre Vigo

O Ateneo Atlántico e a Fundación Xoán Piñeiro publican as bases do certame de narrativa breve Exeria baixo o lema Vigo na cabeza e dotado con 1.500 € en premios. O prazo de presentación de orixinais comeza o 1 de marzo e remata o 1 de maio.

O Ateneo Atlántico de Vigo, en colaboración coa Fundación Xoán Piñeiro convoca a quinta edición do Certame Exeria de relato curto. Os escritos deberán ser orixinais, inéditos e non premiados, e virarán en torno ao tema Vigo na cabeza. O prazo de presentación de orixinais está aberto desde o 1 de marzo ata o 1 de maio. Pode participar calquera persoa maior de idade, cun só relato orixinal, inédito e non premiado, escrito en lingua galega e sen axuda da IA. O relato, deberá ter unha extensión máxima de 5.000 caracteres, incluídos os espazos e o título. As bases completas poden consultarse na web do Ateneo Atlántico.

O concurso repartirá un único premio de 1500 euros, grazas ao patrocinio do grupo S. a. Eduardo Vieira e Adegas Terras Gaudas. O xurado estará presidido por unha persoa de recoñecido prestixio no ámbito cultural e formado polas persoas gañadoras do Premio Exeria 2024, ademais da designada polo Ateneo Atlántico e outra pola Fundación Xoán Piñeiro. O fallo do xurado e a entrega do premio terá lugar na primeira quincena do mes de xuño.

The following two tabs change content below.

Paula Cermeño

Licenciada en xornalismo pola USC, pero a súa principal ocupación é viaxar. Mentres aforra para dar a volta ao mundo, traballa como redactora e xestora cultural. Gústanlle os libros, o audiovisual, o teatro e o rock and roll, por iso é doado atopala en moitos dos saraos vigueses.