Este Nadal cociña El Corte Inglés
El Corte Inglés de Vigo acaba de estrear un novo espazo de pratos preparados cunha oferta de oitenta referencias grastronómicas ao longo do ano. Nestas datas ofrecen pratos pensados para as xuntanzas familiares e incluso un menú de Nadal para pasar as festas lonxe dos fogóns pero sen renunciar a calidade e aos sabores caseiros.
El Corte Inglés de Vigo inaugura un novo servizo de pratos preparados, emprazado no soto pero fóra do supermercado. Un espazo amplo que permite ampliar a oferta gastronómica a 80 referencias gastronómicas ao longo de todo o ano. Os pratos cocíñase a diario con ingredientes naturais e sen engadir conservantes ou colorantes. O deseño propón unha estrutura de cociña á vista que permite visualizar aos profesionais elaborando os menús.
Para estas datas El Corte Inglés lanza un catálogo especial de Nadal con máis de corenta propostas gastronómicas para que poidamos definir o menú en función dos gustos de cada membro da familia. Unha proposta pensada para esquecernos de cociñar nestas festas, sen renunciar ao sabor e a calidade dos produtos a desgustar. Entre as novidades deste Nadal, destacan os carabineiros ao Pau Cortado; os gambones ao allo; unha nova receita de carrillera ibérica con salsa PX e arandos; consomé; canelones de pato con salsa Cumberland; lagosta con manteiga, allo e perexil; unha robaliza de estero ao lombo con salsa bilbaína e de sobremesa incorporáronse unha semiesfera de pistacho e queixo ricota; e outra de froitos vermellos do bosque e chocolate branco; ademais tamén ofrecen unha sobremesa sen azucre, un tronco de chocolate e queixo mascarpone. Un catálogo que tamén inclúe pratos craves destas datas como o bacoriño de Segovia, o cordeiro de Castela e León ou o rolo de pularda, guarnicións como as ceboliñas francesas caramelizadas, entre outros.
Ademais de todas estas opcións, pódese optar polo menú especial de Nadal, cun prezo de 34,00 € por persoa, o cliente pode escoller entre un pastel de peixe de roca ou pementos recheos de marisco, como entrante; un rolo de pularda rechea con salsa do Porto moscatel e foie, ou unha caldeirada de rape con carabineiros, como principal; e para guarnicións as opcións son o salteado de cogomelos, boletus, allos tenros, espárragos verdes e champiñóns, ou as patacas asadas con manteiga e romeu; de sobremesa, pódese elixir entre unha pirámide de chocolate negro de Valrhona ou unha semiesfera de pistacho e queixo ricota.
A campaña de Nadal concéntrase durante os días 23, 24, 30, 31 de decembro e o 4 e 5 de xaneiro, cando se realizan arredor do 45% do total das vendas. Para atender ao incremento de clientes e pedidos para estas datas, a compañía reforza o persoal neste servizo. Os encargos poden realizarse en persoa no propio centro comercial ou a través da páxina web de El Corte Inglés.