CIRCO DE NADAL
CAMELIAS NADAL

Compass, unha experiencia musical de Bach ao jazz máis actual

A música, docente e programadora musical Rossana Ojea está á frente da academia de música Compass, un espazo para nenos e maiores no que a música se vive desde o desfrute e múltiples perspectivas: aprendendo, creando, compartindo e escoitando.

Rossana na academia Compass | Foto: Pablo Vázquez

Oito anos á fronte do café Vitruvia fan de Rosanna Ojea unha referente do jazz na nosa cidade. Facendo uso da súa formación superior en piano, o ano pasado decidiu tomar as rendas da academia Compass, modernizando tanto as instalacións como a oferta para convertela «nunha escola á que a xente vén para sentirse a gusto». As clases están pensadas tanto para adultos como para menores, acollendo clases de canto, clarinete, guitarra, piano, saxofón e violín. Durante este primeiro ano, a academia acolleu máis de trinta concertos en diferentes combinacións instrumentais, mesmo mesturando música e poesía, convertendo o acolledor espazo nun punto de encontro habitual para diferentes persoas.

CAMELIAS NADAL

Para este curso, o primeiro obxectivo é atraer a xente nova ás clases de canto, co fin de crear un coro xuvenil que interprete os temas do seu gusto. Outros dos camiños nos que está deitando os seus esforzos a docente é a música jazz. Ambas as dúas vías están enfocadas en desvincular a escola da exclusividade da música clásica para levala a estilos máis contemporáneos e atractivos para a maioría da poboación. Rossana quere atraer a adultos xóvenes ás músicas de raíz. Para a apaixonada directora desta academia, practicar música é un dos hábitos máis saudables que se poden adquirir a calquera idade, pois contribúe á desconexión das pantallas, á empatía, á mellora de moitas funcións cerebrais e, en xeral, ao relax após das obrigas diarias.

Paula Diz e Iván Fernández, durante un ensaio do concerto De Bach a Glass

A escola é, xunto a Vitruvia, organizadora do festival Musicav, de música clásica e jazz. A programación é ben variada: arranca o martes 5 con «Corriente del Golfo», unha agrupación de dez artistas galegos e cubanos que ofrecen o mellor jazz latino; o mércores 6 é a quenda do percorrido cronolóxico «De Bach a Glass», que reúne catro grandes intérpretes de música clásica nun repertorio que inclúe a BachBeethovenChaikovskiiPaganini, e Shumann; o martes 12 toca bailar nas butacas grazas ao swing contaxioso do trío do carballiñés Alfonso Medela, unha selección de estándares eléctricos da man de tres reputados músicos; e, para rematar, o mércores 13 cine e música fan bo xugo coa sonorización en directo do gran filme clásico The General (Buster Keaton, 1926) a mans da formación local Caspervek Trio. Un dos factores que máis chamou a atención do público na primeira edición foi o coidado do apartado estético. «Cando escoitas música na casa, tratas de buscar un ambiente cómodo, e iso mesmo é o que queremos facer no teatro: que o público se sinta coma na casa», afirma Javier Ferreiro, coorganizador do Musicav e do Café Vitruvia xunto a Rossana.

Rúa de Taboada Leal, 17 | musicacompass.com | @musica.compass

The following two tabs change content below.

Paula Cermeño

Paula Cermeño é licenciada en xornalismo pola USC, pero a súa principal ocupación é viaxar. Mentres aforra para dar a volta ao mundo, traballa como redactora e xestora cultural. Gústanlle os libros, o audiovisual, o teatro e o rock and roll, por iso é doado avistala en moitos dos saraos vigueses.