Volve The Wild Cinema, o festival internacional de cine e ecoloxía de Vigo
O festival internacional de cine medioambiental The Wild Cinema, que se celebra ao abeiro de The Wild Fest, celebra a súa sexta edición e consolídase como o único certame de cine especialiado en natureza de Galicia. Entre o 30 de agosto e o 1 de setembro, no Parque Forestal de San Miguel de Oia, The Wild Cinema amosa 15 curtametraxes e unha longa repartidas en cinco sesións. A entrada é de balde o venres e domingo.
A próxima fin de semana o Parque forestal de San Miguel de Oia acolle The Wild Fest, un festival multidisciplinar no que o coidado pola comunidade e o medio natural están no centro da programación. Ademáis do cartel musical, paga a pena reparar no apartado cinematográfico, algo pouco común nos festivais estivais. The Wild Cinema é un festival de cine internacional, que proxectará 16 filmes ao aire libre.
A programación contén a nominada a Mellor Documental nos Premios Goya, Iberia, naturaleza infinita; así como filmes exhibidos nos mellores festivais medioambientais do mundo. Na escolma atopamos especial presenza de títulos españoles, pero tamén curtametraxes de Noruega, Estados Unidos, Países Baixos, Reino Unido, Francia, México, Arxentina e Indonesia. Todos eles son producións recentes, dos últimos dous anos. O carácter internacional do certame permite observar o mundo desde perspectivas (e problemáticas) moi diversas.
Desde The Wild explican que os filmes foron escollido “pola súa capacidade para sensibilizar á audiencia, tanto coa beleza como cos problemas medioambientais e facela reflexionar sobre o impacto da raza humana na súa contorna”e apelan á responsabilidade no consumo individual e incítan á incorporación de prácticas máis sostibles no noso día a día.
A proxección estrela será a de Iberia, naturaleza infinita, filme nominado nos Premios Goya e Premios Forqué a Mellor Documental. A peza, dirixida por Arturo Menor, segue a unha águia real expulsada do seu territorio, que percorre toda a península na procura dun novo fogar. Será a estrea en Galicia desete documental.
The Wild Cinema contará con bloques de curtas especialmente pensados para ver en familia, que serán proxectados o domingo. Neles encontramos curtametraxes como a indonesia Broken Wings, con banda sonora de Ludovico Einaudi ou a española ¿Qué le pasa al cielo?, elaborado metraxe en stop motion sobre as consecuencias da produción e o consumo sen control. Unha das máis impactantes é Zona cero. Autorretrato de un maltratador de océanos, un filme con moito humor pero que apela directamente a necesidade de conciencia ecolóxica da cidadanía.
As entradas están dispoñibles na web do festival cun prezo de 25 euros. A única xornada de pago é o sábado 31 de agosto, cando se celebrarán os concertos de Julián Maeso, Dakidarría, Moura e Moonshine Wagon, entre outros. Os nenos menores de 14 anos entran de forma gratuíta todos os días e non necesitan reservar a entrada.
Horarios The Wild Cinema
Venres 30 setembro ás 17:30
Iberia, naturaleza infinita (España, 75 minutos)
Venres 30 setembro ás 18:30
Glenn, the Great Nature Lover (Noruega/Suecia, 4 minutos)
Letter from the Age of Ecocide (EEUU, 7 minutos)
Listen to the poles: antarctica (España, 12 minutos)
Artemis (Paises Baixos, 17 minutos)
Sábado 31 de setembro ás 10:30
Records de la meva mare (España, 20 minutos)
El arado (España, 5 minutos)
Don Benjamín (España, 29 minutos)
Domingo 1 de setembro ás 15:30 (especial familias)
Zona cero. Autorretrato de un maltratador de océanos (España, 24 minutos)
Green Feet on Concrete Ep. 1 (Reino Unido, 3 minutos)
Au 8ème Jour (Francia, 8 minutos)
Selva Maya (México, 11 minutos)
Domingo 1 de setembro ás 18:00 (especial familias)
¿Qué le pasa al cielo? (España, 10 minutos)
Mara, el viaje de la elefanta (Argentina, 2023)
Fallin’ (España 2024)
Broken Wings (Indonesia, 2023)
Paula Cermeño
Últimos posts de Paula Cermeño (ver todos)
- A quen queres ver en Castrelos en 2025? - 22 Novembro, 2024
- Beldade: cociña de autora en Tui - 22 Novembro, 2024
- Stoned at Pompeii, Compañía Ártika e Fran Sieira esta fin de semana en Vigo - 21 Novembro, 2024
- Batalla de bocatas en As Cunchas: ‘Friends’ ou ‘The Bear’? - 20 Novembro, 2024
- Sukha Funk evoluciona: máis vegano e a domicilio - 18 Novembro, 2024