Mundo Prestigio, San Patricio e moito teatro esta fin de semana en Vigo
Como cada xoves traemos unha selección con algúns dos plans máis interesantes da fin de semana: concertos, teatro, monólogos, festas gastronómicas… Preme no título de cada evento para máis información. Se queres coñecer todos os eventos que hai esta fin de semana entra na axenda de A Movida.
FESTA DOS CALLOS – De venres a domingo en Bouzas – De balde
Cuarta festa dos callos en Bouzas durante toda a fin de semana coas actuacións en directo de The Followings, Leira Rock e Bonsais Down.
PRESENTACIÓN ‘O SER E O NERVIO’ – Venres ás 19:30 na Asociación Évame Oroza
Branca Trigo e Ramón Trigo presentan na asociación Évame Oroza a acción O ser e o nervio, onde a pintura e a poesía establecen unha simbiose violenta coma a do ser humano e o lume. Este traballo de Ramón e Branca Trigo explora a memoria, o tránsito e a potencialidade da ruína mediante o recitado, a música e a creación en vivo dun cadro de gran formato.
ANIVERSARIO MOLOTOV – Sábado desde ás 16:30 na Sala Molotov – De balde
Este sábado a sala Molotov cumpre o seu segundo ano de vida e para celebralo estará desde as 16:30H co mercadillo #LAFERIA. Encontrarás todo tipo de produtos que van desde roupa de segunda man e moda vintage, arte, marcas galegas ou autoedición, todo amenizado coa música de Peon Kurtz. Haberá vermú fresco, terraza e a sala dispoñible! A partir das 00:30 comeza a festa con cervexa Mahou sen filtrar gratis para as primeiras 100 persoas e os DJ set de Mundo Prestigio, Kaixo, Ortiga e Sestelo.
‘LA GOTA AVENTURERA’ – Sábado e domingo ás 18:00 na Sala Ártika – Desde 8,00€
O espectáculo desenvólvese en dúas esferas concéntricas. Por unha banda, o aspecto físico e natural do propio ciclo da auga, por la outra, é tamén unha viaxe poética. A nosa non é unha gota calquera, é unha bágoa. É un proceso de coñecemento, de descubrimento da vida, dende o seu nacemento provocado por unha emoción, ata o seu final no mar. O mar, como punto onde conflúen tantas cousas, o mar onde acaba a nosa vida, no máis puro concepto de Manrique. O mar como figura poética, empregada tantas veces, como destino, e tantas veces glosada polos nosos poetas.
SAN PATRICIO – Sábado ás 19:00 no Munk Pub – De balde
Cervexa negra e pintas verdes, tocarán “Skivrilis band” e moitas máis sorpresas para celebralo! Con moita ilusión Skivrilis presenta no seu concerto cunha pequena homenaxe ó grupo pilar da musica Irish: The Bothy Band.
VIGOCULTURA: QUE DIN AS RUMOROSAS – Sábado ás 20:00 no Auditorio Municipal – 5,00€
Unha comedia coral sobre como ser artista… e muller. Contra vento e marea, seis intérpretes do presente navegan con seis artistas galegas do pasado nun cruceiro atemporal no que destaparán os seus segredos máis íntimos, para rir delas mesmas e, sobre todo, da estrutura patriarcal do sistema artístico. Un cóctel de humor e amor, no que as seis intérpretes, súper polifacéticas todas, interpretan, cantan e bailan para falar da arte como camiño inevitable.
LALACHUS E BERTUS – Sábado ás 20:00 no Teatro García Barbón – Desde 16,00€
Lalachus e Bertus convídanche a facer unha viaxe ao pasado para analizar con gracejo e moita tontuna os fitos máis importantes da historia millenial. Se te arrepintes das pintas que levabas nos 2000´s e botas de menos toda a cultura mierder do principio do milenio, este show é para ti. “Ke Decirte K No Sepas” é un espectáculo cheo de improvisación co público, sketches en directo e reaccións dos mellores vídeos milenials cargados de risas e humor que farán viaxar ao público á época da súa adolescencia.
CONCERTO ORQUESTRA CLÁSICA – Sábado ás 20:30 no Auditorio do Teatro García Barbón – Desde 13,00€
A Orquestra Clásica de Vigo continúa no co seu ciclo de concertos Integrais do primeiro cuadrimestre de 2024 e faino, nesta ocasión, cun concerto adicado a J.S. Bach. Os concertos para violín e orquestra de J. S. Bach son obras fundamentais no repertorio para este instrumento. Son o resultado dunha extensa produción artistica datada entre 1717 e 1739 da que só nos chegaron estes tres exemplos que rara vez temos a oportunidade de escoitar en conxunto. Baixo a batuta de D. Manuel Martínez Álvarez-Nava, os solistas David Veiga, Manuel Sabucedo e Raquel Carrera co acompañamento da Clásica, ofrecerannos, así, o seguinte programa nunha noite que nos devolverá por uns intres á segunda metade do S. XVIII.
CONCERTO MUNDO PRESTIGIO – Sábado ás 21:00 en Mondo Club – Desde 16,00€
A banda local Mundo Prestigio, anteriormente chamada Jay, presenta o seu álbum debut. Eterna Constanza é o resultado de moitas cousas; a culminación do esforzo de Mundo Prestigio por lograr unha obra identitaria e representativa do que é a banda, do que lles trouxo ata aquí. A constancia. Unha constancia que, lonxe de estar motivada polo obxectivo do éxito, nace do goce, do gusto por compartir tempo e experiencias como banda, do agarimo.
CONCERTO MONTANA – Sábado ás 21:30 na Sala Kominsky – 8,00€
Montana é unha banda que se caracteriza pola súa capacidade para fusionar diversas influencias musicais nun son único e propio. Composto Rober Une, Guillermo Shelly, Ekain Alzola, Dani Thomas e Jon Fresko, o grupo creou unha proposta musical elegante, de letras incisivas e que mestura múltiples estilos
Pablo Vázquez
Últimos posts de Pablo Vázquez (ver todos)
- Buscamos imaxes e historias para manter viva a lembranza do Súbete ao Castro - 20 Novembro, 2024
- Elite Barber Shop: tradición e modernidade - 20 Novembro, 2024
- O “fracaso estrepitoso” do Súbete ao Castro ou como non entender a cultura local - 15 Novembro, 2024
- O Cirque du Soleil volve a Galicia cun orixinal espectáculo en pavillóns - 13 Novembro, 2024
- Reúnese Foggy Mental Breakdown, o ‘dream team’ da música viguesa - 6 Novembro, 2024