CAMELIAS MASCOTAS

‘Helen Keller, a muller marabilla?’, de Chévere

O Grupo Chévere, compañía de referencia na escena galega das últimas décadas, fai parada unha no Auditorio Municipal do Concello durante a xira da súa nova montaxe, unha obra inspirada na biografía de Helen Keller, unha escritora, oradora e activista política xordocega a reivindicar na historia. En escena, Patricia de Lorenzo, Chusa Pérez de Vallejoe Ángela Ibáñezrecrean os avatares vitais da estadounidense ao tempo que formulan cuestións sobre a posibilidade da rebeldía e da disidencia na nosa sociedade ou sobre a utopía como función da memoria colectiva. O grupo afirma que este proxecto « modifica algunhas das chaves do noso traballo, tratando de cuestionar o noso propio modus operandi para seguir desbordando os límites e as estratexias das prácticas actuais de teatro documento». A lingua oral en galego e a lingua de signos española comparten espazo nesta «conversa aberta no escenario», que inclúe ademais a proxección de subtítulos en galego. Tras os éxitos de Eroski Paraíso, Curva España e N.E.V.E.R.M.O.R.E., Chévere volve poñer o foco naquelas historias en que memoria colectiva e a vivencia persoal se funden para tratar de explicar o presente.

‘Helen Keller’ de Chévere | Sabela Eiriz

Data e hora: sábado 9 ás 20:00 h

Lugar: Auditorio Municipal do Concello

Entradas: 5,00 €

Elenco: Patricia de Lorenzo

Chusa Pérez de Vallejo

Ángela Ibáñez

Dramaturxia e dirección: Xron

Comunicación: Xana García

Son: Xacobe Martínez Antelo

Iluminación: Fidel Vázquez

Produción executiva: Patricia de Lorenzo

Axudantía de dirección: Borja Fernández

Gráfica: Tristán Ron

Audiovisual: Lucía Estévez

Escenografía: Nononon.lab

Distribución: Carlos M. Carbonell (Crémilo)

Vestiario: Uxía Vaello

Idea orixinal: Chusa Pérez de Vallejo

Creación: Chévere

Asesoramento en inclusión: Chusa Pérez de Vallejo

Produción e administración: Inés Portela

Asesoramento en lingua de signos: Ramón Costoya Lens

REVISTA NOVEMBRO

Adaptación á lingua de signos: Ángela Ibáñez, Chusa Pérez de Vallejo

Técnico de subtitulado: Iñaki Ruiz

Unha coprodución de Chévere, Centro Dramático Nacional (CDN) e Teatre Lliure, co apoio da Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) da Xunta de Galicia. Colaboran: Centro Dramático Galego (CDG), Concello de Ames, ONCE, Sala Ártika.

The following two tabs change content below.

Ernesto Is

É dramaturgo, narrador oral e docente. Premio Abrente (ex aequo) con 'Fendas' e Premio Rafael Dieste con 'Despois das ondas'. Foi seleccionado polo INAEM no Programa Dramaturgias Actuales ('El hombre que soñaba con elefantes en las estrellas'), no grupo de escrita teatral DramaturXA do CDG ('Onde veñen morrer as baleas') e na bolsa Nuevas Dramaturgias de Euskadi ('Canciones amarillas para flores tristes'). Cofundador da compañía Feira do Leste, coa que estreou 'Exilio das moscas' e 'Tras Tannhäuser' (axudas á Creación Joven do INJUVE). Membro do consello de redacción da erregueté | Revista Galega de Teatro, colabora tamén coa Revista Grial e A Movida de Vigo.