REVISTA ABRIL

‘Muller x muller’ inaugura a sala de exposicións Maruja Mallo

A Deputación de Pontevedra inaugura un novo espazo expositivo na súa sede coa mostra de fotografía ‘Muller x muller’ composta por fotografías tomadas en Vigo e arredores por catro fotógrafas de renome internacional: Karen Knorr, Sue Packer, Susan Meiselas, Graciela Iturbide e Cristina García Rodero. A exposición está aberta ao público ata o 31 de decembro.

REVISTA ABRIL

A nova sala de exposicións da sede da Deputación en Vigo leva o nome de Maruja Mallo, a grande artista, pioneira e vangardista, que situou á cidade e a provincia de Pontevedra como un lugar de referencia para as artes. O espazo inaugurouse onte coa exposición fotográfica Muller x muller e un concerto de violín e violoncelo a cargo de dúas intérpretes da Orquestra Vigo 430. A exposición estará aberta ata o 31 de decembro na sede da Deputación de Pontevedra, situada na praza de Eduardo Chao.

A mostra ‘Muller x muller’ está formada por 21 fotografías de mulleres tomadas por catro mulleres de relevancia internacional: a española Cristina García Rodero, a mexicana Graciela Iturbide, a alemá Karen Knorr, a estadounidense susan Meiselas e a británica Sue Parcker. Ademáis de pola calidade das artistas a mostra resulta interesante porque todas as fotografías foron tomadas en Vigo e os seus arredores xa que todas elas visitaron a nosa cidade dentro da Fotobienal de Vigo. A comisaria da mostra, Rosario Sarmiento, explicou que “entre os anos 88 e96, nun momento no que algunhas das súas traxectorias se estaban formando, fotografaron Vigo, a súa vida, a súa economía, o seu lecer…” e as súas mulleres, pois a presenza do xénero feminino en primeiro plano é o fío conductor da mostra.

As pezas forman parte da colección “Vigovisións”, dos fondos do Museo MARCO, e foron tomadas no marco da Fotobienal de Vigo que nos anos 80 e 90 trouxo a Galicia a ducias de personalidades influintes no mundo da fotografía.