CAMELIAS MASCOTAS

Colexio San José de Cluny

O Colexio Concertado Plurilingüe San José de Cluny aposta por unha aprendizaxe baseada en diversas metodoloxías como son o traballo por proxectos, traballos cooperativos e plans propios, entre outros. Ademais, o centro desenvólvese nun ambiente moi familiar e baixo o seu slogan “O teu primeiro cole, a túa segunda casa” dan collida a alumnos e alumnas desde Infantil ata Bacharelato.

As súas instalacións contan cunha extensión de máis de 10.000m2 entre os que se atopan aulas tecnolóxicas, laboratorios, aula de música, aula de informática, a súa propia radio, polideportivo, ximnasio, biblioteca, capela, salón de actos, horto escolar, etc.

Esta amplitude de espazos facilita o acceso a toda a comunidade educativa, sobre todo aos máis pequenos, que contan coa súa propia entrada e planta exclusiva. Din que a mellor herdanza que lles podemos deixar ás persoas é a educación e a autonomía. Por isto neste centro dan moita importancia á educación en valores, potencian a Competencia Dixital coas novas tecnoloxías e inícianse nos idiomas desde ben cativos, en inglés aos tres anos e en francés aos seis.

Para o seguimento e atención de cada alumno levan a cabo titorías grupais en tódolos cursos e individuais a partir de 5º de Primaria. San José de Cluny dispón ademais de servizo de madrugadores, como parte da axuda á mellor conciliación familiar e programa de multitude de actividades extraescolares (robótica, idiomas, xadrez…). Dan tamén especial importancia ao deporte na infancia, xa que contan co seu propio club deportivo.

REVISTA NOVEMBRO

O horario de Infantil e Primaria é de xornada partida: de 9:00h. a 12:55 e de 15:00 a 17:00 contando con servizo de comedor con cociña propia e menús elaborados no centro polo seu cociñeiro.

Portas abertas

As súas portas abertas teñen a particularidade de implicar aos pequenos, xa que nelas hai contacontos da man de Barafunda, e tamén talleres de actividades para que os máis cativos podan coñecer a vida do cole. Están de Portas Abertas o 3 de febreiro e o 2 de marzo. Pódese reservar cita na súa web e tamén vía telefónica no 986 49 35 01 ou a través do seu Instagram para asistir algún deses días ou solicitar unha visita individual.