CAMELIAS MASCOTAS

Tras un mes de prórroga, os vigueses botaron aos gavachos fóra

Baixo un sol de xustiza onte os vigueses déronlle, por fin, o desquite aos franceses e fixéronse co poder da vila.

A chuvia fixo variar a historia da cidade na conmemoración da Reconquista de este 2018. Por mor do mal tempo, a representación prevista para o pasado domingo 8 de abril, tivo que posporse ata onte. Polo que á estadía dos francesas en Vigo engadiuselle un mes aos 58 días que estiveron en 1809.

Ás 18:00 unha Porta do Sol concorrida, presenciaba os primeiros enfrontamentos entre vigueses e franceses. O asasinato de tres veciños nunha taberna en mans francesas vai ser detonante para que as milicias se organicen e a poboación se mobilice. Vemos como a heroína local Aurora lidera as protestas secundadas polas verduleiras e coñecemos a outros heroes locais como o mariñeiro Carolo, Cachamuiña, Almeida, o cura de Matamá, a Milicia de Mos e o Abade de Valadares.

REVISTA NOVEMBRO

A representación continuou na Porta de Gamboa. Tras varios intentos de derrubar a porta o mariñeiro Carolo morre por un disparo francés. Sucédelle nesta teima o capitán Cachamuíña que aínda que sobrevive cae ao chan ferido entre as balas. Son finalmente as mulleres as que conseguen derrubar a porta. Xa no interior vívese a loita entre franceses e vigueses que vai rematar na vitoria local.

No porto da Laxe presenciamos a rendición francesa e como entre os berros da poboación os franceses son expulsados de Vigo.

No seguinte vídeo as mulleres de Vigo derruban a Porta Gamboa: