CAMELIAS MASCOTAS

Que facer en Vigo esta fin de semana

Como cada xoves deixámosvos unha ristra de dez plans para aproveitar ao máximo esta fin de semana. Preme no título de cada evento para obter máis información. Se queres coñecer todos os eventos que hai esta fin de semana entra na axenda de A Movida, a máis completa de Vigo.

Aphonnic actuando no Festival Latitudes en 2022 | P. Vázquez

Presentación do libro de María Rod sobre Iván Ferreiro – Venres 14 ás 19:00 en El Corte Inglés (De balde)

A libraría de El Corte Inglés acolle este venres a primeira presentación do libro de Iván Ferreiro e María Rod Meteoro y el Señor Conejo. A obra relata a odisea do músico vigués na xira que realizou xunto con Leiva en 2013. Unha historia circular con banda sonora composta por mulleres, salpicada de recordos e anécdotas divertidas, ademais de continuas referencias aos libros, películas e series de televisión que conforman o particular mundo de Ferreiro

Vigocultura: Creatura – Venres 14 ás 20:00 no Auditorio Municipal (12,00€)

Creatura é música, poesía e circo. A fantasía da palabra e a realidade do máis difícil aínda. Un espectáculo onde contemplar o circo desde unha visión poética inspirada no Bestiario del Circo, escrito por Pepe Viyuela. Unha homenaxe ao circo clásico desde unha visión poética e musical. O circo como ente nómade, transhumante, que non pode parara de viaxar e renacer tanto no espazo como no tempo, unindo tradición e vangarda, memoria e imaxinación.

Concertos de Aphonnic + Mano de Piedra – Venres 14 e sábado 15 na Sala Masterclub (Desde 13,00€)

O grupo de metal vigués Aphonnic, un dos máis aclamados da cidade, presentan o seu último traballo La reina en casa. Acompañando ao locais está a banda pontevedresa Mano de Piedra. As entradas para o concerto do sábado están esgotadas, e para o do venres queda menos dun 25% do aforo.

Roteiro: O Vigo menos coñecido – Sábado 15 ás 11:00 desde a praza de Vialia (10,00€)

Segunda edición deste exitoso proxecto de paseos guiados que xurdiron en Lugo co #OLugoMenosCoñecido da man de Guido Guía no ano 2019. Agora voltan á nosa cidade coa intención de amosar a cidadáns e visitantes un Vigo diferente e tamén para compartir recursos e posibilidades que cultural, natural, paisaxística e históricamente ofrece a cidade. O outro guía será Borja Concheiro, de Vigo Turístico.

Festa I aniversario A Morada + Outro Conto – Sábado 15 desde as 12:00 en A Morada (De balde)

A Morada e Outro Conto cumpren un ano de existencia e o celebran o 15 de abril nunha festa conxuta na que non faltarán exposición, regueifas, sesión DJ e deliciosos petiscos veganos.

VI Mercado Reciclado – Sábado 15 desde as 12:00 en Simia Coworking (De balde)

O sábado 15 de abril regresa o Mercado Reciclado a Simia na súa VI Edición. Un proxecto cargado de arte, cultura e conciencia. Dous plantar repletas de iniciativas de autoxestión, reciclaxe e segunda man. Haberá comida e música en directo ata as 21:00.

Actuación de Cé, Orquestra Pantasma polo Día do Neno – Sábado 15 ás 12:30 en O Lar das Artes (De balde)

Festa do día do neno, con sorpresas e actividades. Baixo o nome de Cé Orquestra Pantasma agóchase o vigués César Freiria, músico autodidacta e apaixonado dos instrumentos musicais. Desde comezos do verán de 2008, este músico leva percorrido toda a xeografía galega a un ritmo de máis de 150 concertos ao ano, paseando polos mellores festivais e festas do país levando ás costas a súa proposta musical, unipersoal e versátil.

Concerto presentacióndo disco Acrópole de Fillas de Cassdandra – Sábado 15 ás 21:00 en Mondo Club (Entradas esgotadas)

O dúo local Fillas de Cassandra, formado por MaríaSOA e Sara Faro, presentan por primeira vez en Vigo o seu ábum debut Acrópole, coas entradas esgotadas desde o propio día que saíron á venda. Neste artigo repasamos a súa meteórica carreira no último mes.

Man a man: Silvia Penas e Samuel Merino – Sábado 15 ás 22:00 no Café Uf (Desde 5,00€)

O Café Uf acolle a Silvia Penas e Samuel Merino cun espectáculo a dúas voces para que a poesía siga a súa viaxe boca a boca.

REVISTA NOVEMBRO

Picnic Sesións – Domingo16 desde as 13:00 en Radio Costeira (Baixada á praia 83, Saiáns) (De balde)

Chegan de novo as Picnic Sesións, organizado pola Asociación Cultural Lideiras e Radio Costeira Saiáns, este domingo 16 de abril. Natureza, Cultura e Comunidade, son os tres piares que sosteñen este proxecto, estamos todos convidados a disfrutar dun domingo cheo de música e actividades. Actúan Visions of Johanna, The Youngers e tamén haberá actividades infantís e picada de Frank Drebin’s DJ.

CONSULTA A AXENDA MÁIS COMPLETA DA CIDADE