ASNEVES
REVISTA MAIO

RUTA: O VIGO MENOS COÑECIDO

15abr11:00RUTA: O VIGO MENOS COÑECIDOACTIVIDADES PARA O COCO | 10,00€11:00(GMT+02:00) CC Vialia

Detalles do eventos

A empresa local Vigo Turístico e frece desde o 2021 roteiros temáticos para que o público local. Estas rutas pioneiras descubriron a propios e estraños, da man de Borja Concheiro e outros guías oficiais expertos, o ataque do corsario Francis Drake no século XVII, a historia da arquitectura indiana e o patrimonio perdido, a importancia das conserveiras, o legado de Jules Verne, a magnitude da Reconquista contra os franceses ou o noso xeito de celebrar o Entroido. A arte urbana, as luces do Nadal, o viguismo e os misterios e lendas que agochan as nosas rúas son outras das temáticas máis populares. 

Esta fin de semana Vigo Turístico ofrece dúas rutas moi especiais ‘O Vigo menos coñecido’ o sábado e ‘A porta do Atlántico’ o domingo.

RUTA O VIGO MENOS COÑECIDO con GUIDO GUÍA e BORJA CONCHEIRO

Data: SÁBADO 15 ás 11h

Segunda edición despois do 2022 deste exitoso proxecto de paseos guiados que xurdiron en Lugo co #OLugoMenosCoñecido da man de Guido Guía no ano 2019. Agora volven a Vigo coa intención de amosar a cidadáns e visitantes un Vigo diferente e tamén para compartir recursos e posibilidades que cultural, natural, paisaxística e históricamente ofrece a cidade. 

Punto de encontro: Nos atoparemos no parque do barco das “Ondas do Mar de Vigo” na praza exterior de Vialia Vigo

Duración: 3h aprox.

Prezo: Adultos: 10€  /  Menores de 18: 7€
Organiza: Guido Guía e Vigo Turístico
Máis info e reservas: Web https://guidoguia.com/
Email: guidoguiaturismo@gmail.com
Whatsapp:  646 35 89 10

RUTA A PORTA DO ATLÁNTICO Vigo e a emigración

Data: DOMINGO 16 ás 11 h
Para quen queira investigar máis sobre a orixe e a idiosincrasia desta metrópole atlántica chamada Vigo. Unha ruta polo porto e polo centro histórico que nos fará sentir na pel dun deses emigrantes que marcharon a Vigo, o porto que máis xente emigraba no sur de Europa. Historias que marcaron a nosa forma de ser e a fisionomía deste porto que logo se converteu nunha gran cidade, sobre todo grazas aos soños e aos cartos dos que outrora marcharon e dos que viñeron.
Punto de encontro: Atoparemonos na Praza Porta do Sol, xunto á estatua do Sireno.
Duración: 2h aprox.
Prezo: Adultos: 10 € / Adolescentes (12 a 18 anos): 7 € / Menores de 12 anos: gratis
Organiza: Vigo Turístico
Máis información e reservas:
Páxina web https://www.vigoturistico.com/ruta-la-puerta-del-atlantico-vigo-y-la-emigracion/
Correo electrónico vigorturistico@gmail.com
WhatsApp 654 22 69 94

Máis

Hora

(Sábado) 11:00(GMT+02:00)

Localización

CC Vialia

Praza Estación, 1, 36201 Vigo, Pontevedra

Other Events