VIALIA
bannerPicnicSesions

CREATURA

14abr20:00CREATURAESPECTÁCULOS | 12,00 €20:00(GMT+02:00) Auditorio Municipal do Concello

Detalles do eventos

Vigocultura programa 38 funcións de para todos os públicos con propostas de teatro, danza, circo, maxia e espectáculos para bebés. Desde o 27 de xaneiro e ata o 30 de abril no Auditorio Municipal de Concello.

Máis información sobre todos os espectáculos de Vigocultura 2023 aquí e no folleto online.

Entradas a través da web www.giglon.com e presencialmente na librería Libros para soñar. Poden adquirirse en packs de 5 ou 10 espectáculos con desconto.

CREATURA, Lapso Producciones y Malabart

Venres 14, 20:00h

Novo circo. Castelán. Todos os públicos. Estrea en Galicia. Celebración do día mundial do circo.

Autoría: Rafa Campos, Antonio J. Campos, Rafael Rivera e Pepe Viyuela
Dirección: Rafa Campos, Antonio Campos e Rafael Rivera
Adaptación, escenografía e deseño de son: Lapso Producciones
Deseño de iluminación: Diego Cousido
Vestiario: Lapso Producciones y Crispa2
Música: Proyecto Voltaire
Coreografía: Elena Vives, Diego García e Luis Toto
Intérpretes: Rafa Campos, Antonio J. Campos, Rafael Rivera, Luis Totó, Elena Vives, Rosa Schmid, Jana López, Diego García, Niccolo Marzoli

Creatura é música, poesía e circo. A fantasía da palabra e a realidade do máis difícil aínda. Un espectáculo onde contemplar o circo desde unha visión poética inspirada no Bestiario del Circo, escrito por Pepe Viyuela.

En Creatura fusiónanse as artes cunha proposta actual sobre unha arte clásica que non pode caer no esquecemento. Unha homenaxe ao circo clásico desde unha visión poética e musical. O circo como ente nómade, transhumante, que non pode parara de viaxar e renacer tanto no espazo como no tempo, unindo tradición e vangarda, memoria e imaxinación.

O agradecemento e recoñecemento a un mundo circense que avellenta pero que deixa o seu legado e experiencia para que nós, herdeiros da gloria dos seus días, saibamos levar o testemuño co respecto que merece.

Máis

Hora

(Venres) 20:00(GMT+02:00)

Localización

Auditorio Municipal do Concello

Praza do Rei, 1, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events