CAMELIAS MASCOTAS

Novidades musicais locais de marzo

Febreiro e marzo trouxeron unha chea de novidades musicais á nosa cidade.

FILLAS DE CASSANDRA

O dúo formado por Maria SOA e Sara Faro está a ser un dos bombazos da tempada. O pasado 24 de febreiro presentaron o seu álbum debut, Acrópole, e encheron a Sala Capitol de Santiago no sou concerto presentación. O 15 de abril preséntano na viguesa Mondo Club, pero as entradas voaron en menos de 24 horas. Este directo en acústico dos temas ‘Eco’ e ‘Acrópole’ no Vitruvia Café é realmente fermosa.

THE RIGGOS

Tras moitos adiantos, e un lustro despois do seu primeiro disco, a banda de punk rock local por fin publica o seu segundo álbum A rastras. ‘Un paso más’ foi o último sinxelo. O venres 24 presentan o disco na Sala Transylvania.

SANNY

A cantautora Sanny presentou hai pouco o seu segundo sinxelo acompañada por banda, ‘Bird in a Cage’. Podemos desfrutalo interpretado en directo neste vídeo gravado na tenda Flamingos Vintage. O 6 de xuño debuta neste formato en La Fábrica de Chocolate.

CASTILLO

Segunda canción que coñecemos de Castillo, o recente proxecto de Luis Del Castillo. Cun comezo acústico, as guitarras eléctricas protagonizan a segunda metade do tema.

ZALOMON GRASS

Space Opera é o nome do álbum conceptual de Zalomon Grass, o seu primeiro longa duración de estudio. Un disco de rock musculoso de son atemporal.

THE MIRROR

‘Arde’ é o ambicioso novo proxecto de The Mirror, un videoclip no que participan máis de 50 persoas en tres localizacións diferentes. Primeiro tema en castelán da banda, que nos fala dunha historia de loita e reivindicación.

IVÁN FERREIRO

O esperado novo traballo do músico nigranés xa está aquí. Trinchera pop é un álbum no que a electrónica gañou protagonismo e que contén algúns dos seus mellores temas en anos, como ‘Dejar Madrid’ ou ‘En las trincheras de la cultura pop’.

REBELIOM DO INFRAMUNDO

Amor ou Barbárie é o último disco do combinado de rap local liderado por Nervo. ‘Copérnico’ foi o último adiante, un tema cheo de raiba con base de reggaeton.

ARIMAGRITTE

O proxecto musical de Arancha Vilas, AriMagritte, cumpre dez anos e celébrao con esta versión con banda do seu tema ‘Impulsos atómicos’. Unha revisión máis rockeira da canción incluída no disco Oráculo.

BLUE UNICORN

Cuarto adianto do novo traballo discográfico de Blue Unicorn, alter ego de Pepe Ferrández (Dixie Town). Un compendio de imaxes absurdas e surreais que tratan de transmitir os instintos máis primarios do seu creador.

HENRY WARRINGTON

O músico vigués vén de publicar un EP de tres temas titulado Passion is the antidote of Death. Nel está incluído este interesante ‘Over N Over’.

PAULO PASCUAL

O vigués Paulo Pascual é o artífice da banda sonora do documental Negro púrpura, a primera do Estado feita enteiramente con theremin. O vinilo coas súas melodías xa se atopa á venda.

FILLOAS FT. AMORODO

Synth pop e música urbana van da man neste tema bañado en autotune do vigués Filloas con Amorodo.

OESTE

En decembro de 2019 botaba a andar OESTE, o dúo formado por Antía Figueras (Bifannah) e Luis Basilio (Los Nastys). Este novo tema, producido por Aaron Rux, é o primeiro adianto do que será o seu álbum debut.

SEN SENRA

REVISTA NOVEMBRO

Outro músicos vigués (este de adopción) afincado en Madrid é Sen Senra, que nos últimos anos destapouse como un dos artistas pop máis importantes do Estado. Con todo, no seu último sinxelo admite que non quere ser un cantante, senon “algo mucho mejor”. Como é habitual nos últimos tempos o videoclip xoga a baza do rural e o castizo en oposición á modernidade da súa música.

MON BAND

Primeiro adianto do novo disco de Mon Band, o grupo liderado por Mon Cancela (ex-Lombardi). Tema producido por Sergio Martínez e videoclip protagonizado pola man do artista Jorge Alonso.

The following two tabs change content below.

Pablo Vázquez

Graduado en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Vigo, é un apaixoado do cine, da música e da fotografía. É director dos documentais 'O profesor', 'The Death: el reencuentro' e 'Cuna de músicos', ademais de coautor do libro 'Son da cidade', o que lle fixo coñecer aínda máis a escena musical viguesa. Ten traballado con distintos grupos e salas da cidade, ademais de participar nos últimos anos como Xurado Novo nos festivais de cine de San Sebastián e Novos Cinemas.