KYOTTO e Zalomon Grass actúan na 22ª edición dos Premios Maketón
Este xoves 15 a partir das 21:00 celébrase na sala Máster a 22ª edición dos Premios Maketon, onde actúan os artistas locais KYOTTO e Zalomon Grass e coñeceremos os proxectos galardoados deste 2022. A entrada é de balde ata completar aforo.
Estes días descubrimos os candidatos para os Goya e os Golden Globes. Os Premios Maketón, os galardóns da nosa música, non ían ser menos. Hoxe coñecemos a todos os artistas nomeados e o xoves 15 ás 21:00 na sala Máster os gañadores subirán ao escenario a recoller a estatuíña nun evento que contará coas actuacións de KYOTTO e Zalomon Grass.
Os populares premios locais celebran 23 anos apoiando a escena local, desde aquel primeiro evento celebrado na desaparecida sala Sete Mares cun concerto de Tony Lomba e Elio dos Santos. Naquel momento tratouse dunha iniciativa pioneira en Galicia, pois despois sumáronse outros galardóns como os Martín Codax ou os Narf. Máis de dúas décadas despois seguen ao pé do canón para descubrirnos as mellores obras producidas este ano en Vigo e arredores.
O xurado, formado por Emma Placer, Xosé Otero e Salvador García (Salva Ronko), será o encargado de escoller aos gañadores de todas as categorías baseándose na calidade, orixinalidade, repercusión e presentación das iniciativas inscritas. As categorías e os nomeados son os seguintes:
MELLOR DISCO AUTOEDITADO
THE SOUL JACKET: “Kick Radio”
ROMA MÚSICA: “Mujer Fuente”
DIRTY SUC: “Bajo Perfil”
TREINTEAÑERAS CAÑERAS: “Música para el programa de Bertín Osborne”
FVCKYENS: “Daisuki”
MELLOR DISCO
FAMILY FOLKS: “Naufrage”. GAZTELUPEKO HOTSAK
MARYLAND: “Cataratas Del Paraíso”. SUBTERFUGE RECORD
DAKIDARRÍA: ”Colaxe”. EL GARAJE Producciones
ISIUS: “Little Bighorn”. ERNIE Records
SILA LÚA: “Rompe”. ALTAFONTE
MELLOR DIRECTO
THE SOUL JACKET
OS VACALOURAS
STASIA MOMENTO
KYOTTO
THE MIRROR
MELLOR PRODUTOR
PABLO IGLESIAS (RADAR Estudios)
JAVIER VICALO (THE DUB YARD Estudios)
PACO SERÉN (ECLIPSIS CenStudio)
MONTY PRIETO (EMEWEY Estudios)
OMY CID (OMY CID Estudios)
MELLOR VIDEOCLIP
DIRTY SUC Feat. HARD GZ.: “Tiempos”. (Dirixido por WHYSO).
LAW: “Veni Vidi Vici” (Dirixido por An Táboas de REGALA MÚSICA)
SEN SENRA por “Aroma”. (Dirixido por Jean Le Fleur)
BROKEN PEACH por “Sin piedad”. (Dirixido por Xabier Jácome & Broken Peach).
KYOTTO por “Mejor sin ti”. (Dirixido por: Yago Cobain)
PREMIO Á TRAXECTORIA MUSICAL
TEO CARDALDA
NOSTROMO
BERNARDO VÁZQUEZ
FON ROMÁN
TONO ALCALDE