#SesiónsAM 18: Zålomon Grass
Hai que non se desanima nin con unha pandemia global. É de sobra coñecido o estado no que se atopa o tecido musical a nivel local e estatal, mais iso non impide a creación de novas bandas como Zålomon Grass, un potente trío de rock vigués formado por Gabriel McKenzie, David Rodd e Mauro Comesaña.
Sobre a canción:
Gabriel McKenzie: Pois escribín éste tema xa hai uns cantos anos. Eu quería representar ese son pentatónico de rock clásico, mentres contaba unha anécdota persoal mesturada con lendas norteamericanas de vodú e un toque mitolóxico galego falando do misticismo dos cruces de camiños encantados e de aprender así a tocar ao máis puro estilo blues, tentando vender a alma a cambio. E ésa é a metáfora pola que escollemos interpretar este tema en concreto, porque creo que se pode ver no directo como poñemos sobre a mesa a nosa alma tocando.
Pablo Vázquez
Últimos posts de Pablo Vázquez (ver todos)
- Zamáns e San Andrés de Comesaña preparan as súas festas para despedir o verán - 4 Setembro, 2026
- Cincuenta anos de pulso veciñal: da conquista dos barrios á loita contra o desleixo municipal - 31 Agosto, 2026
- Ignatius, Berto Romero, Goyo Jiménez, The Book of Mormon e outras comedias visitarán Vigo este outono-inverno - 27 Agosto, 2026
- O Concello abre unha nova convocatoria de espectáculos para artistas locais en plena crise cultural - 26 Agosto, 2026
- O Concello impide a celebración do festival Mar de Galicia a menos de 24 horas da súa celebración - 18 Xullo, 2026



