ASNEVES
REVISTA MAIO

Xa coñecemos os gañadores dos Premios Maketón

The Riggos e Atlantic no bis ao final da gala | Los 40

Esta fin de semana tivo lugar na sala Radar a gala de entrega dos Premios de Música Maketón de Los40 Vigo. Un evento polo que pasaron máis de 500 persoas e que comezou ás 21:00 horas co directo dos vigueses The Riggos. Sobre ás 22:00 horas comezou a entrega dos galardóns e puidemos coñecer o máis destacado da música local. O fin de festa correu a cargo de Atlantic que remataron o concerto cun bis xunto a The Riggos.

Premiados:

Mellor directo de banda local: DREAMS OF DOLLY SHEEP
Mellor produtor local: PABLO MARTÍN
Mellor disco de grupo local: MARYLAND por “El resplandor”
Premio a traxectoria musical: GERMÁN FANDIÑO (Tony Lomba)
Mellor disco auto editado: NICOLÁS PASTORIZA
Mellor videoclip: BASANTA por Gris dirixido por Xaime Miranda.