CAMELIAS MASCOTAS

Vive Nigrán e Atlantic Fest ultiman detalles para as súas novas edicións

Dous festivais pontevedreses e de praia, Vive Nigrán no sur e Atlantic Fest (Vilagarcía) no norte, anunciaron esta semana novidades para os seus respectivos eventos. No caso do nigranés, ofrecen bautismos en diferentes deportes acuáticos, mentres que os arousanos fixeron público os horarios dos concertos e as actividades paralelas do festival.

Unha moza pasándoo en grande nun festival | Atlantic Fest

Unha das mellores cousas do verán, xunto co bo tempo e os días longos, son os fesivais. Oasis de diversión, amizades e boa música nos que desconectar lonxe do mundanal ruido, que dicía Thomas Hardy. A parte negativa é cando dous destes eventos coinciden nas mesmas datas, como acontece este verán co Vive Nigrán e o Atlantic Fes os días 15, 16 e 17 de xullo. Podemos decantarnos por un deles, ou aínda mellor, mercar entradas de día e ir aos dous.

VIVE NIGRÁN

No apartado musical, o festival celebrado no Campo de fútbol de Montelourido ofrece un cartel do máis ecléctico: Iván Ferreiro, Rigoberta Bandini e Miguel Ríos & The Black Betty Trío conforman o tridente de máis peso, aos que acompañarán outros artistas como Grande Amore, Karavana, La Bien Querida, Niña Polaca, Colectivo da Silva ou Cariño. Ademais, como vén sendo habitual, o festival propón unha serie de actividades paralelas moi vencelladas ao mar. Así, atopamos bautismo de surf, paseos en kaiak e paddle surf e roteiros guiados por Monteferro, un dos lugares con mellores vistas da ría de Vigo.

  • Mércores 6: Roteiro Monteferro
  • Sábado 16: Kaiak e paddle surf de balde pola mañá e bautismo de surf pola tarde (5€)
  • Inscricións en comunicacion@vivenigran.com 

ATLANTIC FEST

O evento musical volve ao seu formato orixinal na praia da Concha en Vilagarcía de Arousa. Catro escenarios para un festival eminentemente diurno e ideal para acudir con crianzas. De feito, o sábado 16 haberá unha Zona Kids Gadis desde as12:00 ata as 21:00. Tamén haberá exposicións, como a de 20 years of Music Artwork de Error! Design (autor dos carteis do festival) e presentacións dos libros Festivales de España, de David Saavedra; Discoteca atlántica, de Marcos Gendre e La música no es lo más importante, de Javier Becerra.

REVISTA NOVEMBRO

VENRES 15 DE XULLO
APERTURA PORTAS: 19:00
19:30 Diamante Negro. Escenario Alma Atlántica.
20:15 Nueve Desconocidos. Escenario Alma Atlántica.  
21:00 Rojuu. Escenario Vibra Mahou.
21:55 Depresión Sonora. Escenario Alma Atlántica.
22:45 Fangoria y Nancys Rubias. Escenario Xacobeo 21-22.
1:00 Concierto Vibra Mahou Shinova. Escenario Vibra Mahou.

SÁBADO 16 DE XULLO
APERTURA PORTAS: 11:20 
12:00 Las Dianas. Escenario Alma Atlántica.    
12:55 Rocío Saiz. Escenario Alma Atlántica.   
13:40 Quique González. Escenario Xacobeo 21-22    
15:00 Lorena Álvarez. Escenario Alma Atlántica.
16:00 Los Hermanos Cubero. Escenario Vibra Mahou.
17:00 Kora. Escenario Alma Atlántica. 
18:00 María Arnal i Marcel Bagés. Escenario Xacobeo 21-22.    
19:30 El Último Vecino. Escenario Alma Atlántica. 
20:30 Andrés Calamaro. Escenario Xacobeo 21-22.    
22:00 Los Planetas. Escenario Vibra Mahou.     
23:30 Izal. Escenario Xacobeo 21-22.        
1:00 La Casa Azul. Escenario Vibra Mahou.
Son da Arboreda (zona gastro)
Señora DJ de 15:00 a 17:00 / Kris Kdj de 20:00 a 22:00

DOMINGO 17 DE XULLO
11:00 Eva Pico. Escenario Paco & Lola.  
12:00 Luis Fercán. Escenario Paco & Lola.    
13:00 Os Peregrinos. Escenario Paco & Lola.
14:00 Momboi. Escenario Paco & Lola.