VIALIA
bannerPicnicSesions

Sorteamos un abono para o Vive Nigrán

En A Movida gozamos co verán e cos festivais que enchen de música, gastronomía e diversión a nosa comunidade. Por iso lle dedicamos o último número da nosa revista e agora, sendo seguidor das nosas redes podes gañar un abono doble para o Vive Nigrán.

Para participar podes facelo de moitas formas. Por unha banda, todos os nosos #AMOVIDALOVERS ou subscritores da revista, participan de maneira automática. Se aínda non o es infórmate neste link. Pero tamén podes participar a través de Instagram, darlle gústame na publicación sobre este sorteo e etiquetar ao teu acompañante.

prazo para participar é ata o domingo 14 de xullo ás 12 da noite. O luns 15 coñeceremos o nome da persoa afortunada.

SOBRE O VIVE NIGRÁN

Vive Nigrán 2019 súmase ao calendario estival o 19 e 20 de xullo como oferta cultural-festivaleira entre aldeáns, turistas e visitantes. Vive Nigrán é un festival subdividido nunha serie de actividades unificadas baixo o concepto de “ Picnic-Pop Festival” e orientadas a lograr unha maior implicación co territorio e as súas xentes; concibido para gozar da natureza propia do emprazamento, a praia e o mar. Ofrece unha programación moi coidada co máis novo e bandas consagradas combinando as actividades nocturnas coas diúrnas para públicos de todas as idades.

O venres 19 de xullo invadirán o Escenario Mahou e o Escenario Rías Baixas o glitter pop de Hickeys, o R&B contemporáneo da novísima Adriana Proenza, a música latina e o rock de raíces de Los VinagresStanich, unha das referencias da renovación musical máis vigorosas, o caos creativo e punk de Los Nastys, o desmelene frenético e pop adulterado de Meneo e as sesións DJ de Isaac PedrouzoPaul Church e Paula do Campo.

O sábado 21 desde a mañá, os asistentes poderán gozar de xeito gratuíto da música de Uke & The Leeles, do Concerto Mahou Cinco Estrellas no que Delafé -en formato Mediodía Cañero- amosará o seu novo son máis electrónico, dos acordes enérxicos e o pop cristalino dos valencianos L’Emperador e de tres concertos a cargo de Gain Over, a escola de rock do Val Miñor. A partir de media tarde, o acceso ao recinto tornarase de pago para acoller o folk, pop acústico e rock de Isius, o ritmo mantra “tucu-chaca” e o fingerpicking salvaxe de Yo Diablo, o pop electrónico do dúo barcelonés Hidrogenesse, as revolucionarias Las Chillers, os galegos Novedades Carminha e o dúo Monterrosa, disposto convertir a pista de baile en paraíso e trincheira. O día completarano as sesións DJ de Isaac Pedrouzo e Picnic Pop.

O CONCURSO

Como participar:

Para poder participar no concurso é preciso:

REVISTA ABRIL
  • Ser subscritor da revista. Se non o eres preme neste link.
    Ou
  • Ser seguidor en Instagram de @amovidavigo
  • Etiquetar ao amigo/amiga que levarías de acompañante.
  • Darlle gústame á publicación do sorteo.
  • O prazo para participar no concurso estará aberto ata o domingo 15 de xullo ás 12 da noite.
  • Poderán participar todas aquelas persoas físicas maiores de 18 anos con perfil de Facebook, Twitter ou Instagram. Cada persoa só poderá participar unha vez e eliminaranse perfís fraudulentos ou falsos.

Gañador/a:
O gañador ou gañadora será elixido mediante sorteo aleatorio. Poñerémonos en contacto con el mediante o medio no que participou; se nun prazo de 48 horas non contestaran procederíamos a facer un novo sorteo.

O premio:
Sortéase un abono dobre para os dous días do festival Vive Nigrán que se celebrará o 19 e 20 de xullo en Praia América.

Aceptación das bases:
A participación no concurso implica a aceptación destas bases.

  • Instagram non patrocina, avala nin administra de modo alguno a promoción, nin está asociado a ela.