O ciclo Xacobeo Importa trae 12 concertos internacionais, catro deles a Vigo
O ciclo de concertos Xacobeo Importa anuncia a programación da súa 11a edición, cunha coidada oferta de actuacións internacionales repartidas polas principais capitais galegas. En Vigo actuarán Pat Metheney, Marisa Monte, Agnes Obel e Leon Bridges con Kirby.
O programa desta edición arrincou xa cos concertos de Joan As Police Woman en Lugo e Eagles of Death Metal + Dead Sara en Santiago de Compostela, ambos coas entradas esgotadas con antelación e levantando gran expectación. As próximas citas non quedarán atrás: os ingleses White Lies xunto a Charming Liars o 15 de maio tamén en Santiago e o soulman The James Hunter Six o 28 de maio en Ourense.
No mes de xuño está programado o concerto da lenda viva do jazz Pat Metheny, que actuará o 17 de xuño en Vigo e o concerto de LP, o 25 na Coruña, ademais da raíña da música brasileira Marisa Monte, que actuará o 26 de xuño en Vigo. A programación complétase cos concertos da danesa Agnes Obel o 7 de xullo en Vigo e da estrela mundial do soul Leon Bridges o 10 de xullo tamén en Vigo. A histórica banda británica Simple Minds estará no Coliseum da Coruña o 27 de xullo, na única cita en Galicia dentro da súa xira por España. Esta 11a edición completarase coa presenza de Jacob Collier en Santiago tamén o 27 de xullo, e Madeleine Peyroux, que pechará o ciclo en Pontevedra o 15 de outubro.
As entradas para os concertos están xa á venda na web do ciclo. Nas súas dez edicións anteriores o ciclo conseguiu achegar a Galicia un elenco de artistas irrepetible: desde lendas da música contemporánea como Joan Baez, Alice Cooper, Ronnie Spector, Lucinda Williams, Ron Carter ou Mavis Staples, a nomes de culto da escena independente como Eu Téñoa, Teenage FanClub, Interpol, St. Etienne, Mark Lanegan ou Richard Hawley. Estes foron só algúns dos máis de 60 artistas que o Ciclo Xacobeo Importa programou nos principais escenarios galegos. Aínda que o nome sexa similar, non se debe confundir este Xacobeo Importa co Ciclo Xacobeo organizado pola Xunta, que traerá a Steve Vai, Yan Tiersenn, Texas, Cimafunk e Fat Freddy’s Drop.
PAT METHENY (17 junio – Auditorio Mar de Vigo) Lenda viva do jazz, Pat Metheny non necesita presentación. Falamos dun dos máis grandes artistas da escena jazz contemporánea, un músico pluscuamperfecto. Pasaron 24 anos desde o seu lendario concerto en Vigo de 1998 (nomeado moitas veces na lista dos máis míticos dos que se celebraron na cidade), o prestixioso músico americano volve para deleitar aos seus numerosos incondicionais de toda Galicia.
MARISA MONTE (26 xuño – Teatro Afundación, Vigo) Unha das figuras crave da música brasileira nas últimas 2 décadas, actuará en Vigo o 26 de xuño. Será o seu 1a vez na cidade, dentro dunha exclusiva xira europea que pasará polas principais capitais. Con máis de 30 anos de carreira e considerada a mellor cantante brasileira da súa xeración, Marisa Monte é recoñecida pola súa forza creativa, a calidade da súa discografía, e as súas apaixonantes actuacións en directo.
AGNES OBEL (7 xullo – Auditorio Afundación, Vigo) A cantante, pianista e compositora danesa conquistou o corazón de público e prensa especializada co seu elegante pop de cámara no que mestura con mestría piano, voz, cordas e loops. A súa música resístese a etiquetas e as súas actuacións en directo son unha experiencia fráxil e viva, como ela mesma define. Coa súa forma de facer música logrou conectar o mundo da clásica coa corrente contemporánea e electrónica. Unha nova xeración de artistas na que os límites non funcionan.
LEON BRIDGES + Kirby (10 xullo – Auditorio Mar de Vigo) Comparado pola prensa con lendas como Otis Redding ou Sam Cooke, desde a súa irrupción en 2015 co seu sorprendente disco de debut Coming Home, o artista de Fort Worth (Texas) non parou de recibir eloxios, e logrou cotas inimaxinables para un mozo que traballaba fregando pratos e cantaba continuamente en locais de micro aberto para afeccionados. Só dous anos despois dese debut, estaba a cantar na Casa Branca para Barack Obama ou daba concertos sold out no mítico Radio City Music Hall de NY, ata chegar a 2019 no que gañou un Grammy como “Best Traditional R&B Performance”, cun reguero de cancións marabillosas ás súas costas e convertido xa nunha das estrelas mundiais do soul actual.
JOAN AS POLICE WOMAN (27 febreiro – Lugo)
EAGLES OF DEATH METAL + Dead Sara (23 abril – Santiago de Compostela)
WHITE LIES + Charming Liars (15 maio – Santiago de Compostela)
THE JAMES HUNTER SIX (28 maio – Ourense)
PAT METHENY (17 xuño – Vigo)
LP (25 xuño – A Coruña)
MARISA MONTE (26 xuño – Vigo)
AGNES OBEL (7 xullo – Vigo)
LEON BRIDGES + Kirby (10 xullo – Vigo)
SIMPLE MINDS (27 xullo – A Coruña)
JACOB COLLIER (27 xullo – Santiago de Compostela)
MADELEINE PEYROUX (15 outubro – Pontevedra)