O musical de Ghost desembarca no Mar de Vigo con seis funcións
Ghost, el musical representarase no Auditorio Mar de Vigo desde o 3 ata o 6 de marzo de 2022, seis únicas funcións nas que Bustamante e Ricky Merino alternaranse no papel de Sam: Bustamante actuará o xoves 3 ás 20.30 horas, venres 4 e domingo 6 ás 18.00 horas, e sábado 5 de marzo ás 21.30 horas. Merino farao no resto de funcións. Podes mercar aquí as entradas.
Esta mañá presentouse Ghost, el musical no Mar de Vigo, tras o seu éxito durante dous anos na Gran Vía Madrileña. O elenco de actores principais (David Bustamante, Christian Sánchez, Cristina Llorente e Ela Ruíz) mostrou o seu entusiasmo por poder levar a obra por toda España, tras iniciar a xira a pasada fin de semana na Coruña. A produción conta cun gran despliegue de medios técnicos, que lucirán impoñentes no auditorio vigués.
O espectáculo está formado por un elenco de 17 artistas. A actriz Cristina Llorente dá vida á inigualable Molly. Christian Sánchez e Ela Ruiz interpretan ao amigo e compañeiro de traballo de Sam (Carl) e á enigmática Oda Mae, respectivamente. O musical é unha produción orixinal dirixida por Federico Bellone, director artístico de espectáculos de recoñecida traxectoria internacional entre os que destacan Mary Poppins, en Italia, de Disney e Cameron Mackintosh. Chega a Vigo tras dúas tempadas en Madrid cun rotundo éxito de crítica e público e tras recibir o Premio Broadway.
Ghost é un relato de amor eterno protagonizado por Sam e Molly, unha parella de namorados que ve truncada a súa felicidade cando el é asasinado por un ladrón. O espírito de Sam resistirase a abandonar o mundo dos vivos e ao seu gran amor. A necesidade de salvar a vida de Molly fai que el permaneza en forma de pantasma para advertirlle do perigo que corre. O seu único medio de contacto é unha peculiar vidente coa que pode comunicarse.
HORARIOS
Xoves ás 20:30
Venres ás18:00 e 21:30
Sábado ás18:00 e 21:30
Domingo ás 18:00