VIALIA
bannerPicnicSesions

Nintendo desembarca esta fin de semana en Bouzas con seu #SwitchTour

A compañía xaponesa de videoconsolas está a recorrer 16 cidades españolas entre as que se atopa Vigo, onde esta fin de semana (25-27) fará a súa parada o #SwitchTour. Todas as familias que se acheguen ao barrio de Bouzas poderán probar esta peculiar consola e os seus numerosos xogos. 

Un rapaz xogando ao Mario Tennis Aces no #SwitchTour

Os días 25, 26 e 27 de agosto Bouzas converterase no centro neurálxico para todos os vigueses e viguesas amantes dos videoxogos. O espazo do #SwitchTour consiste nunha gran estrutura móbil que, unha vez desplegada, contará con dúas carpas que albergarán un total de 43 consolas con multitude de xogos. Ao ser unha videoconsola que permite o modo multixogador, ata case 100 persoas poderán gozar con elas.

Moitos serán os xogos que poderemos probar durante estes días en Bouzas. Co Splatoon 2, un dos nomes con máis éxito de Switch, poderemos declarar a guerra ao noso inimigo a base de disparos de pintura. Tamén poderemos xogar co simio máis famoso dos videoxogos no Donkey Kong Country: Tropical Freeze. Obviamente non podía faltar Mario nos seus diferentes xogos como o Super Mario Odyssey, Mario Kart 8 Deluxe e o Mario Tennis Aces, estes primeiros os dous xogos máis vendidos da consola.

REVISTA ABRIL

Mención especial merece este derradeiro título, xa que foi un dos últimos en saír ao mercado e está gozar dunha gran resposta por parte do público. Nesta cuarta versión (a primeira foi no 2000 para a Nintendo 64) poderemos botar uns frenéticos partidos de tenis con personaxes tan entrañables como Mario, Luigi, Toad, Bowser, Peach ou Waluigi. Ademais, poderás entrar no sorteo dunha Nintendo Switch con este xogo seguindo unhas sinxelas instruccións na súa web.

Outro dos grandes atractivos deste evento é a oportunidade que nos brinda de probar o Nintendo Labo, que a través dunhas pequenas manualidades feitas con cartón, nos permiten darlle unha volta completa ao concepto que tiñamos dos videoxogos. Unha das apostas máis arriscadas da marca nipona, que se suma a de por si novidosa idea de facer unha consola híbrida entre portátil e de sobremesa, como é a Nintendo Switch.

Outros dos títulos que poderemos xogar nesta fin de semana serán o FIFA 18, Rocket League, Kirby Star Allies, Pokkén Tournament DX e, en exclusiva, o Go Vacation, no que poderemos competir en multitude de deportes e probas distintas nunha illa perdida.