Roteiros guiados para coñecer os montes en familia
O CSCD As Pedriñas organiza sete roteiros para público infantil dirixidos a espertar a curiosidade polos recursos naturais e as paisaxes dos montes próximos. Na última xornada, realizarase unha actividade de plantación de especies autóctonas nos terreos do centro social. Todas as actividades son de balde, pero requiren inscrición.
Os roteiros están guiados por Jesús Barciela, biólogo con experiencia na docencia teórica e práctica e que neste momento exerce como profesor nos obradoiros de emprego da Xunta. Barciela xa foi o guía dos roteiros que As Pedriñas organizou o pasado verán, destinados a público en xeral. Desta volta, quixeron focalizar no público infantil, para que eles tamén puideran “apeciar as cousas ante as que non nos paramos normalmente”, como di o biólogo.
O percorrido da actividade segue a senda marcada por Montes de Vigo en Tameiga, concretamente o sendeiro PR-G 252, un roteiro con vistas á ría na que “o monte non presenta ningunha carecterística espectácular”, pero, guiados pola persoa axeitada, os nenos e adultos poderán aprender sobre as capas do solo, os nomes das árbores autóctonas, foráneas e invasoras, as correntes de auga, a importancia de conservar a vexetación ribeirá…así como resolver as súas dúbidass sobre a vexetación e a paisaxe que xordan durante o paseo.
Estes roteiros aportan aos participantes a capacidade de interpretar a vexetación, auga, solo e paisaxe que está ao seu arredor e aumentar a curiosidade polo mundo natural, favorecendo a súa conservación e aproveitamento. Todo isto dun xeito ameno, en movemento e en familia.
O colofón dos roteiros en familia será unha xornada, aínda sen data, na que as familias poderán achegarse ao CSCD As Pedriñas e plantar unha árbore autóctona. As expedicións están deseñadas para nenos de entre 6 e 11 anos, acompañados de un adulto e son gratuítas. A próxima será este domingo, 30 de xaneiro. Se desexas acudir, podes reservar praza no 986 288 057 ou no 616 523 807.
Paula Cermeño
Últimos posts de Paula Cermeño (ver todos)
- A quen queres ver en Castrelos en 2025? - 22 Novembro, 2024
- Beldade: cociña de autora en Tui - 22 Novembro, 2024
- Stoned at Pompeii, Compañía Ártika e Fran Sieira esta fin de semana en Vigo - 21 Novembro, 2024
- Batalla de bocatas en As Cunchas: ‘Friends’ ou ‘The Bear’? - 20 Novembro, 2024
- Sukha Funk evoluciona: máis vegano e a domicilio - 18 Novembro, 2024