VIALIA
REVISTA NOVEMBRO

O talento vigués faise notar nos premios Xuventude Crea

Os Premios Xuventude Crea, certame de talento artístico dirixido á mocidade galega, volve contar cunha forte presenza viguesa entre os seus gañadores. As categorías de Artes plásticas, Videoxogos, Danza moderna, Moda, Música, Fotografía e Teatro contan con representación olívica.

Algúns dos gañadores recibindo o premio en Santiago | Cedida

O pasado mes coñecimos ao gañadores da nova convocatorio dos premios Xuventude Crea, un programa convocado pola Xunta de Galicia onde poderán solicitar a participación as persoas galegas ou residentes en Galicia, non profesionais, con idades comprendidas entre os 16 e os 30 anos de idade cumpridos no ano 2021. As especialidades son as seguintes: Artes plásticas, Banda deseñada, Cociña, Creación de videoxogos, Danza moderna, Deseño de xoias, Fotografía, Graffiti, Moda, Música, Novela curta, Poesía, Teatro, Videocreación

Como xa aconteceu outros anos, a mocidade viguesa fíxose notar entre os premiados. En Artes Plásticas, Oliver Alonso acadou o segundo premio por We are all alike, e Alejandro Vázquez o terceiro compartido por Quería traerte flores. En Creación de Videoxogos, Iván Fernández levou o segundo premio por Valico: the grim world. Llui Castro fixo o propio en Danza Moderna con Impulsive, do mesmo xeito que Marta del Río no apartado de Moda con Lost.

A banda de rock Karma Animal alcanzou a terceira posición con Fénix, marfil. En Fotografía Rocío Compoy compartiu segundo premio con Berros. En Teatro, o terceiro e o segundo premio foron para o Grupo Xebra por Irremediablemente soa e para o Grupo As Catro, por Que rima con Chomsky?, respectivamente.