CAMELIAS MASCOTAS

Finca Moreiras, o refuxio dos cabalos Pura Raza Galega

A medio camiño entre Baiona e Oia atopamos Finca Moreiras, un amplo espazo natural onde eguas e cabalos campan libres baixo a tutela e o coidado de Adrián Martíns, creador da Asociación Finca Moreiras. O seu principal obxectivo é a divulgación e conservación dos Pura Raza Galega (PRG), unha especia en perigo de extinción. Achegámonos ata Mougás para coñecer de primeira man este oasis equino.

Adrián Martíns pertence á quinta xeración dunha familia ligada ao campo, e a súa paixón polos cabalos Pura Raza Galega fíxolle iniciar esta andadura hai 4 anos. Finca Moreiras diferénciase de calquera outro centro equino pola súa labor de conservación dunha especie en perigo de extinción e polas actividades que propón. Así, os bautismos hípicos, palabra da que Adrián non gosta moito, non só consisten en aprender a montar a cabalo; senón que imos con eles ao monte a buscar ao animal, nos explican como pensan e se comunican e finalmente un pequeno obradoiro de equitación a porta pechada no curro e despois xa polo campo. Estas experiencias son as que máis éxito teñen, pois ademais de aprender a montar se crea un vínculo cuns cabalos que teñen tendencia a ser mansos e dóciles.

REVISTA NOVEMBRO

Unha vez teñamos máis práctica sobre o animal, existen multitude de rutas nas que poñer en práctica o aprendido: o Balcón Atlántico, percorrido litoral desde as montañas máis altas, gozando dunhas vistas espectaculares; Oia-Baiona polo Camiño de Santiago, percorrido tranquilo sen ruido de coches co Atlántico sempre presente; Ruta do Mosteiro, paseo polos arredores do Mosteiro de Oia, onde os monxes criaban PRG desde o século XIII; Ruta Etolóxica, onde observar manadas salvaxes no seu hábitat; Ruta das Sobreiras, para coñecer o bosque mediterráneo máis occidental de Europa; Ruta Corazón de Carballo, travesía de dous días perfecta para darlle á túa fin de semana un pouco de aventura e moita diversión; e a Ruta dos Viñedos, completando a experiencia cunha visita aos viñedos do Baixo Miño e cunha cata.

Pero as opcións que ofrece Finca Moreiras van moito máis aló. A Aula Rural, dirixida a crianzas, é unha plataforma multidisciplinar onde se busca promover o crecemento persoal, o emprendemento e a educación en valores mediante a posta en marcha de proxectos con cabalos PRG: recuperación de fincas, xornadas de trueqworking, debuxo en campo aberto, recollida e reciclaxe de lixo na costa e no monte… Tamén existe a opción de terapia ecuestre, pois son cabalos de menor alzada que transmiten moita seguridade, ideais para rehabilitacións físicas, persoas con algún tipo de descapacidade ou problemas de concentración, autoestima ou comportamento. A súa nobleza e carácter fan dos Pura Raza, sempre acompañados de profesionais na materia, unha opción óptima para mellorar a calidade de vida das persoas.

Finca Moreiras | Mougás (Oia) | 675 22 26 56 | fincamoreiras.com | info@fincamoreiras.com | FB: Finca Moreiras | IG: @fincamoreiras

The following two tabs change content below.

Pablo Vázquez

Graduado en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Vigo, é un apaixoado do cine, da música e da fotografía. É director dos documentais 'O profesor', 'The Death: el reencuentro' e 'Cuna de músicos', ademais de coautor do libro 'Son da cidade', o que lle fixo coñecer aínda máis a escena musical viguesa. Ten traballado con distintos grupos e salas da cidade, ademais de participar nos últimos anos como Xurado Novo nos festivais de cine de San Sebastián e Novos Cinemas.