A poeta Yolanda Castaño é a protagonista do valo de Pereira
“O mesmo mar fai cada día unha distinta praia” é a frase elixida este ano para ilustrar o valo que Pereira Productos del Mar ten nas súas instalacións da Avenida de Beiramar. A poeta e filla de mariño mercante, Yolanda Castaño, é a autora desta mensaxe que substitúe á de Domingo Villar “Podo temer a morte, pero non quero ter medo a estar vivo”.
Pereira seleccionou tres frases da escritora Yolanda Castaño relacionadas co mar e convocou un concurso nas súas redes sociais para que os seguidores elixisen a que máis lles gustaba. As dúas primeiras estaban relacionadas cun dos produtos estrela da marca: “Faremos coma o calamar: sacaremos moitos brazos e, en tempos escuros, haberemos brillar” e “Escritoras e calamares: susténtanse na pluma e empregan a tinta con talento” foron as outras dúas frases que competiron coa gañadora, que foi “O mesmo mar fai cada día unha distinta praia”.
Este valo, situado na fachada da sede da empresa na Avenida Beiramar 59, xa é unha tradición desde hai unha década, onde os diferentes escritores vanse sucedendo ano tras ano. “O mesmo mar fai cada día unha distinta praia” toma o relevo a “Podo temer a morte, pero non quero ter medo a estar vivo” (2020) do libro “O último barco” do escritor vigués Domingo Villar e “O tempo, o sol e o mar engurraran o rostro do mariñeiro e cuartearan a súa pel como terra seca” (2019) da obra “A praia dos afogados” tamén do escritor vigués. “Neste mar navegan os barcos da nosa vida” da escritora viguesa Ledicia Costas foi a mensaxe seleccionada en 2018. “Estamos en la bahía de Vigo y sólo de usted depende que pueda conocer sus secretos” da obra de Julio Verne “20.000 leguas de viaje submarino” ilustrou a valle en 2017. “A maxia de saber amar” (2016) y “Cada palada cuenta” (2015) foron outras das frases que os viandantes en condutores que pasaban por Beiramar puideron desfrutar e que foron propostas e votadas polos seguidores nas redes sociais. Desde 2012, ano no que naceu a iniciativa e ata 2014, estas foron as frases que seleccionou a empresa por orde cronolóxico: “No importa el frío, no se nos congelará el corazón”, “Un mar de sabores” y “Este mar nos ha llevado al mundo”.
Yolanda Castaño é poeta, filóloga, tradutora, videocreadora e unha activa e premiada xestora cultural coa súa propia Residencia para Escritores/as na Coruña. Dende 2009 dirixe obradoiros literarios, obradoiros internacionais de tradución poética, festivais e ciclos mensuais de poesía sempre con autores/as galegos/as e internacionais. Premio Nacional da Crítica 1999, Premio Espiral Maior 2007, Premio Ojo Crítico 2009, Premio Fundación Novacaixagalicia, Premio Irmandade do Libro “Autora do Ano” 2014, Premio Estandarte ao mellor poemario publicado en España en 2020 e Finalista do Premio Nacional de Poesía, Yolanda conta con 6 poemarios individuais, edicións bilingües (galego-castelán) en Visor Libros –para España e Latinoamérica–, libros publicados en inglés, francés, italiano, serbio, macedonio e armenio, plaquettes editadas en alemán, francés, croata, macedonio e chinés, varias antoloxías –con música, bilingües, en cómic poético…– e mais seis libros de poesía para crianzas, ademais doutras obras publicadas como editora, biógrafa ou tradutora de poetas contemporáneos.