Sendeiro Local de Matamá a Comesaña
O Sendeiro Local de Matamá – Comesaña atravesa os montes destas dúas parroquias. No seu percorrer permite ver como no monte, aparte da explotación forestal, tamén se teñen producido antigamente outras explotacións como é o caso da pedra ou os muíños. Son sorprendentes as mostras que se poden ver no muíño de Talliños ou da Regueira, así como os restos das
canteiras do Miradoiro “Outeiro de Deus”. Tamén é moi destacada a Rodeira de carros en Comesaña, que pon de manifesto a importancia desa vía no tránsito de pedra cara Vigo a nais do s.XIX e principios do XX.
Neste percorrido tamén nos atopamos con restos arqueolóxicos destacados como os Petróglifos das Millaradas ou o importante enclave do Castro de Casás, en Comesaña, que, ao ser escavado no seu día, proporcionou múltiples restos da Idade de Ferro e da época romana. Como non podía ser doutro xeito, atoparémonos fermosas vistas da cidade e a Fervenza das Lapas, de moi bonito porte.