CAMELIAS MASCOTAS

Talento vigués na antesala da Galician Design Week

O Festival Galician Design Week celebra a partir deste venres o seu anticipo de primavera, o #FollowSS21, unha colección cápsula de deseñadores galegos que poderá verse en aberto a través da súa web a partir deste venres.

Traballo da paisaxista María Fandiño, unha das participantes no #FollowSS21

20 vídeos de 20 deseñadores galegos conforman a grella do # FollowSS21, o festival de deseño que se celebra en liña durante a Semana Santa, entre o 1 e o 4 de abril. O visionado é libre e gratuíto a través da web dos organizadores. As xornadas #FollowSS21 están pensadas como o aperitivo da II Galician Design Week, que se celebrará en xuño en Coruña por segundo ano.

REVISTA NOVEMBRO

Entre os invitados atopamos unha ampla variedade de profesionais do deseño, especializados en disciplinas como o deseño gráfico, a arquitectura de interiores, o paisaxismo, o deseño industrial e de obxectos ou a ilustración. Cada un deles achegará a súa visión sobre o mundo do deseño e mostrará algúns dos seus traballos máis importantes. Todo iso, explican desde a organización, para “poñer en valor o tecido profesional galego e favorecer a súa conexión co exterior e o seu achegamento ao gran público”.

Dos 20 creadores seleccionados para contar a súa historia, 8 son vigueses: Chachachá studio, estudo de deseño especializado en ilustración e motion graphics que leva o humor no seu ADN e editores da revista Dot de deseño e cultura; Ansede Quintáns, arquitectos especializados en interiorismo e reformas; Castroferro, estudo de arquitectura responsable, por exemplo, do edificio da Autoridade Portuaria de Vigo; Enrique Ojea, deseñador todoterreo: industrial, de producto e mesmo mobiliario e interiores; Desoños, axencia de branding e comunicación; Lavelle Bikes, deseñadores de bicicletas eléctricas, intelixentes e personalizables; María Fandiño, arquitecta e paisaxista e Verde, unha imprenta especializada no gran formato e o interiorismo de xeito sostible.

Os vídeos foron gravados durante as pasadas semanas en dous escenarios: a Fundación DIDAC, unha galería de arte en Santiago de Compostela, onde acudiron os creadores do norte de Galicia; e Sirvent, espazo de referenciaen mobiliario contemporáneo desde os anos 60, onde goron grabadas as ibntervencións dos creadores do sur de Galicia.

The following two tabs change content below.

Paula Cermeño

Paula Cermeño é licenciada en xornalismo pola USC, pero a súa principal ocupación é viaxar. Mentres aforra para dar a volta ao mundo, traballa como redactora e xestora cultural. Gústanlle os libros, o audiovisual, o teatro e o rock and roll, por iso é doado avistala en moitos dos saraos vigueses.