CAMELIAS MASCOTAS

DGO ofrece unha semana gratuita de adestramento por Whatsapp

As siglas de David García Oterino dan nome a este centro de adestramento situado fronte ao Centro Comercial de Travesía. Con só un lustro de vida, este espazo xa ofrece multitude de servizos que podemos resumir en catro piares básicos: adestramento personalizado, nutrición, coaching e fisioterapia. Ademais, ten preparada unha actividade online de balde do máis interesante para despois de Semana Santa.

David García Oterino no centro de adestramento | P. Vázquez

Tanto hai cinco anos como agora, hai quen non sabe moi ben cal é a definición exacta dun centro de adestramento: “É o máis parecido a un ximnasio de barrio e toda a vida, onde o trato é moi familiar, especializado e adaptado a cada persoa”, aclara David. Ademais, o seu carácter multidisciplinar, e sobre todo interdisciplinar, resulta básico á hora de axudarche a lograr os teus obxectivos, xa que “de nada serve ter moita variedade de servizos, se non hai comunicación entre os profesionais das diferentes áreas”. 

A medida que se achega o verán empezan as presas por baixar de peso: comeza a Operación Bikini. Aínda que o recomendable é levar un estilo de vida saudable e non depender destas medidas de última hora, David destaca que “o importante é arrancar; hai quen empeza con ganas para a operación bikini e despois mantense todo o ano”. Como a calquera negocio, a pandemia truncoulle gran parte dos seus plans. Como David é dos que ven o vaso medio cheo, implementou aínda máis os seus servizos en liña, que aínda continúa a ofrecer, e mesmo compartiu de maneira gratuita exercicios para poder facer na casa, na súa páxina entrenadorpersonalencasa.online.

REVISTA NOVEMBRO

E aínda hai máis, xa que esta Semana Santa, a partir do mércores 7 e ata o 14, ofrecerá vídeos de adestramento e consellos nutricionais e motivacionais de balde a todos aqueles que se unan ao un grupo de Whatsapp creado para esta actividade: “O único que pido ás persoas que participen é que compartan que fixeron os exercicios e que están aí ao 100%, porque iso axuda a que outras persoas que quizais estean menos motivadas fagan os exercicios”. Xa durante o confinamento realizara unha iniciativa similar que resultou ser todo un éxito. Para anotarte só tes que enviar unha mensaxe ao 630 66 77 33.

DGO achega á nosa cidade unha práctica tan habitual en Estados Unidos como é o adestramento personalizado, unha axuda profesional e cualificada para conseguir as túas metas dunha maneira rápida, segura e duradeira. Aquí vos comparte unha serie de exercicios eficaces para baixar de peso e tonificar de cara ao verán:

Rúa Travesía de Vigo, 198
davidgarciaoterino.com
@centrodgo
630 667 733

The following two tabs change content below.

Pablo Vázquez

Graduado en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Vigo, é un apaixoado do cine, da música e da fotografía. É director dos documentais 'O profesor', 'The Death: el reencuentro' e 'Cuna de músicos', ademais de coautor do libro 'Son da cidade', o que lle fixo coñecer aínda máis a escena musical viguesa. Ten traballado con distintos grupos e salas da cidade, ademais de participar nos últimos anos como Xurado Novo nos festivais de cine de San Sebastián e Novos Cinemas.