CAMELIAS MASCOTAS

Sidecars primeira confirmación do festival Vive Nigrán

O festival Vive Nigrán regresa ao campo de fútbol de Campo Lourido e se celebrará a terceira fin de semana de xullo. A primeira confirmación é a do grupo madrileño Sidecars que actuarán o sábado 17.

REVISTA NOVEMBRO

Aínda é pronto para saber o que nos deparará este verán, pero xa temos unha boa nova. O festival Vive Nigrán permanece fiel a súa cita estival. Hoxe coñecimos que Sidecars son a primeira confirmación do festival pero outros grupos están aínda por anunciar.

Tras celebrar a súa última edición en no club de tenis de Nigrán o festival recupera o seu emprazamento inicial: o campo de fútbol de Monte Lourido. Pero a organización informa de que será unha edición especial con aforos e asentos limitados. O concerto de Sidecars terá lugar o sábado 17 e as entradas soltas xa se poden adquirir nesta ligazón por 25€. Nos vindeiros días iremos coñecendo os outros artistas que compoñen o cartel e sairán á venda os abonos.

Sidecars a banda formada por Juancho (voz, guitarra solista), Gerbas (baixo) e Ruly (batería) estará presentando o seu último traballo ‘Ruído de fondo’ que viu a luz o pasado 4 de setembro e que comezaron a presentar o 17 de febreiro nun concerto no Nuevo Teatro Alcalá para o que agotaron as entradas.