REVISTA ABRIL

Walls, nova confirmación do festival Vive Nigrán

O artista urbano Walls actuará no campo de fútbol de Monte Lourido o xoves 15 de xullo, xunto a Verto e Locoplaya que tamén están confirmados para a primeira xornada do festival Vive Nigrán. As entradas xa están á venda a través da web do evento.

O Picnic Pop Festival Vive Nigrán continúa a engrosar a nóminda de artistas que este verán pasarán polo escenario de Monte Lourido. A última incorporación é a do artista murciano Walls, que actuará a noite do xoves 17 de xulllo xunto a Verto e Locoplaya. Este xoven freestyler saltou á fama con tan só 16 anos ao clasificarse para a Batalla Nacional de Galos Redbull. En 2020 deu un xiro a súa carreira e desde entón non deixa de gañar fans.

Natalia Lacunza, Ginebras e Sidecars son os outros nomes confirmados para o venres 16 e o sábado 17, respectivamente. E como coñecimos a semana pasada o festival tamén contará cunha sesión vermú o sábado a cargo de Shinova e Mounqup. Os abonos para o festival xa están esgotados pero aínda é posible adquirir entradas individuais para cada un dos días de concertos a través da web de Vive Nigrán.