VIALIA
bannerPicnicSesions

Depedro, Mueveloreina, Esteban & Manuel e Bigott no Festival Vive Nigrán

Festival Vive Nigrán acaba de facer públicas as primeiras confirmacións do seu cartel festivaleiro. Depedro, Mueveloreina, Esteban & Manuel e Bigott estarán o 19 e 20 de xullo en Praia América.

O festival, que se celebra por segundo ano consecutivo no campo de fútbol de Nigrán, adianta as datas para o mes de xullo e promete converterse nun dos referentes do verán de música actual. Ademais de concertos, haberá mercadillo e foodtrucks.

REVISTA ABRIL

As primeiras catro confirmacións dan algunhas pistas do que atoparemos no evento: ritmos frescos e bailables que se moven entre o indie, a música electrónica e os sons caribeños.

O cantautor madrileño Jairo Zavala que dá vida a Depedro actuará no festival con toda a banda para presentar o seu último traballo ‘Pasajero’. Mueveloreina sorprenderá co seu trap, unha combinación de música electrónica, hip hop e letras reivindicativas. Esteban & Manuel farán bailar a todo o festival cos seus ritmos latinos de cumbia e merengue. E o zaragozano Bigott presentará o seu noveno disco ‘Candy Valley’, gravado en Los Ángeles.

As entradas xa están a venda e os 100 primeiros abonos saen a un prezo promocional de 18 €.