As vosas series favoritas e as da directora Lucía Estévez
Continuamos co noso ciclo de recomendaciós para pasar estas semanas de semi-encerro o mellor posible. Xa vos falamos de películas coa axuda de Miguel Anxo Fernández e de libros con Ledicia Costas, así que hoxe é a quenda das series. Un formato que nos últimos anos, grazas á chegada de plataformas de vídeo baixo demanda, medrou de maneira exponencial. Despois das vosas recomendacións poderedes ler as de Lucía Estévez, unha nova realizadora viguesa con gran atracción pola danza e a experimentación, que hai dous anos gañou o Premio a proxecto no Festival Carballo Interplay 2019 coa súa webserie Wan, que podedes ver premendo aquí.
AS VOSAS RECOMENDACIÓNS
- Inside no. 9 (Filmin)
- Undone (Amazon Prime Video)
- The Handmaid’s Tale (HBO / Amazon Prime Video)
- This Is Us (Amazon Prime Video)
- Kalifat (Netflix)
- Fauda (Netflix)
- The Leftovers (HBO)
- Good Omens (Amazon Prime Video)
- Unorthodox (Netflix)
- Shtisel (Netflix)
- La maravillosa Sra. Maisel (Amazon Prime Video)
- Little Fires Everywhere (Amazon Prime Video)
- Fleabag (Amazon Prime Video)
- Los Bridgerton (Netflix)
- You (Netflix)
- Trinkets (Netflix)
- Sex Education (Netflix)
- El desorden que dejas (Netflix)
- The Office (Amazon Prime Video)
- Lupin (Netflix)
- Winx (Netflix)
- Cantina de medianoche (Netflix)
- Gambito de dama (Netflix)
- Ozark (Netflix)
- The English Game (Netflix)
- Patria (HBO)
- La casa de papel (Netflix)
- Los favoritos de Midas (Netflix)
- Euphoria (Netflix)
- Pose (Netflix)
- La Veneno (Atres Player)
- Hierro (Movistar +)
- Antidisturbios (Movistar +)
- American Vandal (Netflix)
AS RECOMENDACIÓNS DE LUCÍA ESTÉVEZ
Killing Eve (Drama. HBO)
Jodie Comer e Sarah Oh encabezan a repartición desta serie na que se te deixas levar polos constantes intentos e fracasos do “querer ser algo máis”, a viaxe é un verdadeiro agasallo.
Ratched (Drama. Netflix)
Sarah Paulson interpreta un personaxe feminino protagonista que atrapa desde o principio da ficción. O espectador busca atopar a empatía constante con ela e a pesar da súa distancia a cada paso, conséguese conectar desde outros lugares que non temos explorados na relación público-personaxe.
La Veneno (Drama. Atres Player)
A beleza desta serie pódese observar en cada unha das mulleres e escenas da mesma. É realmente incrible para a ficción española (e mundial) que esta serie se fixera.
Fleabag (Comedia. Amazon Prime Video)
Hai que vela. Non hai máis. Quedo coa frase: “This is a love story”.