CAMELIAS MASCOTAS

Feminíssimas, de De Ste Xeito Producións

Un congreso feminista na cidade de Vigo. Tres amigas da adolescencia que hai anos que non se ven. Amizade e ideoloxía mestúranse nunha cea chea de humor e contradicións. Este é o punto de partida do novo espectáculo de De Ste Xeito Producións, con dramaturxia de Esther Carrodeguas. Feminíssimas é unha comedia negra sobre a amizade protagonizada por Stephy Llaryora, Noelia Blanco e a devandita dramaturga, baixo a dirección de Xavier Castiñeira. Se non queredes perder esta visión feminista da realidade por parte dunha das dramaturgas máis destacadas do teatro galego, achegádevos a Ártika, a sala da avenida da Beiramar que resiste tras un ano en que os espazos para a cultura demostraron que son o acubillo perfecto para estes tempos tolos.

REVISTA NOVEMBRO

Data e hora: venres 15 e sábado 16, ás 20.30 h; domingo 17, ás 20.00 h
Lugar: Sala Ártika.
Entrada xeral: 14,00 €
Entrada anticipada: 10,00 € + gastos de xestión

#culturasegura #nonnoscanceles

Por Ernesto Is
Escritor


[Esta reseña foi publicada na revista A Movida de xaneiro 2021 . Podes consultala na versión dixital ou facerte con ela de formar gratuíta nos nosos puntos de distribución. Se queres aproiar o noso proxecto e comezar a recibila na túa casa faite #AMOVIDALOVER ]

The following two tabs change content below.

Ernesto Is

É dramaturgo, narrador oral e docente. Premio Abrente (ex aequo) con 'Fendas' e Premio Rafael Dieste con 'Despois das ondas'. Foi seleccionado polo INAEM no Programa Dramaturgias Actuales ('El hombre que soñaba con elefantes en las estrellas'), no grupo de escrita teatral DramaturXA do CDG ('Onde veñen morrer as baleas') e na bolsa Nuevas Dramaturgias de Euskadi ('Canciones amarillas para flores tristes'). Cofundador da compañía Feira do Leste, coa que estreou 'Exilio das moscas' e 'Tras Tannhäuser' (axudas á Creación Joven do INJUVE). Membro do consello de redacción da erregueté | Revista Galega de Teatro, colabora tamén coa Revista Grial e A Movida de Vigo.