CAMELIAS MASCOTAS

“Memi y María”, o novo conto solidario de Igualarte

A Fundación Igualarte vén de publicar a terceira entrega de Memi, unha serie de libros que aúnan educación e a arte cun fin solidario, pois todos os beneficios irán destinados a entidades dirixidas a mellorar as condicións da infancia.

REVISTA NOVEMBRO

O ano pasado sorprenderon co lanzamento dun perfume no que participaron nenos na súa creación, e unha historia escrita por Ledicia Costas. A nova aventura de Memi titúlase “Memi y María” e xa está á venda en El Corte Inglés.  Este libro non vén só, xa que trae consigo seis espectáculos audiovisuais aos que se pode acceder por medio dos QRs situados no seu interior. Unha forma única de vivir xunto cos nenos a experiencia de ler un conto.

O actor Javier Gutiérrez foi embaixador da edición 2019 e o encargado de poñer a voz na narración do conto, que pode verse e escoitarse online. O actor definiu o proxecto como “unha oportunidade inspiradora de poñerse nos zapatos do outro”, pois o obxectivo de Memi é concienciar en prol dun mundo máis diverso e inclusivo e recoller fondos para proxectos como Bicos de Papel, unha asociación sen ánimo de lucro que axuda a nenos da unidade de oncoloxía do Hospital Álvaro Cunqueiro.

 Por medio dun libro a Fundación Igualarte busca traer de volta a importancias das pequenas cousas nestes tempos tan dificiles para todos, e como os nenos poden ensinarnos a dar valor ao que realmente importa.