CAMELIAS MASCOTAS

O GFFF anuncia a programación completa para a súa 3ª edición

IMPORTANTE: Debido ás últimas restriccións por mor da covid, o horario estase a reprogramar. Polo tanto, a programación de abaixo está sen actualizar.

Xa non queda nada para o evento máis friki do ano. O Galician Freaky Film Festival volve do 28 ao 31 de outubro, aínda que esta vez na Sala Overlook, é dicir, no hotel Bahía. Ademais de todas as actividades paralelas, xa coñecemos os horarios de cada un dos bloques de curtas e das proxeccións de inauguración e clausura. Por se fora puco, nesta edición incorporan a opción de visualización en liña.

Coma cada ano, o Galician Freaky Film Festival aposta por amosar as mellores pezas audiovisuais freaks, de terror e underground, tanto nacionais coma internacionais, pero tamén por levar a cabo diversas actividades paralelas culturais. Esta nova edición non é una excepción e aínda que o aforo será máis reducido e as medidas de seguridade, elevadas, realizaranse diferentes actos onde o principal protagonista será a música no cinema. Así, os asistentes poderán gozar en directo de Anónimo IV, podcast musical enfocado no cinema e a Aula CREA, coloquio impartido polo recoñecido especialista en música de cine Conrado Xalabarder, colaborador tamén da revista Fotogramas dende 1996.

Anónimo IV é un podcast sobre musicoloxía e investigación musical realizado en Galicia por Erea Carbajales, Brais González e múltiples colaboradores. Deste xeito, para a nova edición do Galician Freaky Film Festival, farase un programa en directo o xoves 29 de outubro ás 17.00 no que participarán Conrado Xalabarder, Nani García e Manuel Riveiro coma convidados.

REVISTA NOVEMBRO

Así, Conrado Xalabarder é colaborador e creador da maior web de bandas sonoras do mundo (tamén fará un coloquio en Aula CREA). Nani García é compositor, músico, arreglista e produtor musical cunha longa traxectoria en diversos formatos do medio audiovisual. Ademais, é autor de bandas sonoras para longametraxes de animación e ficción, curtas, obras de teatro e programas de TV. Doutra banda, Manuel Riveiro é un músico e compositor que leva preto de vinte anos compoñendo tanto para cine coma para televisión. Neste eido ten composto bandas sonoras como El final del camino ou La unidad. Para a gran pantalla ten participado tanto en películas nacionais como El desconocido ou La sombra de la ley, dirixidas por Dani de la Torre, e nas películas de terror norteamericanas The Green Inferno ou Knock Knock, de Eli Roth.

Debido a actual crise sanitaria e para facilitar a xestión e os trámites, as entradas estarán unicamente dispoñibles a través da web do GFFF. Neste sentido, os asistentes terán a opción de mercar un abono VIF, con acceso a todos os pases e actividades do certame ou escoller unha entrada para a inauguración. Ademais, ao ter un aforo moi limitado, existirá a posibilidade de ver a sección oficial online, podendo facerse co billete correspondente na web.

Esta edición homenaxeará no seu cuarenta aniversario ao filme The Shining, de Stanley Kubrick. Para consultar a listaxe de curtas que participarán en cada un dos bloques, preme aquí. Para coñecer máis sobre as xornadas inaugural e final e quen vai ser o xurado, preme aquí.