CAMELIAS MASCOTAS

McEnroe e El Kanka tocarán en acustiquísimo este outono

Juan Perro, Fuel Fandango, McEnroe e El Kanka conforman o cartel de Momentos Alhambra Acustiquísimos 2020, que celebrará o próximo mes de novembro dous concertos en Vigo e dous en A Coruña.

O ciclo de concertos regresa a Galicia este outono para celebrar a súa terceira edición á que denomina Edición Atlántica 2020 e na que o público poderá gozar de catro experiencias con artistas únicos en directos irrepetibles en acústico, con todas as medidas de seguridade. O ciclo terá lugar durante a primeira fin de semana de novembro, no vestíbulo Auditorio Mar de Vigo, cos concertos de El Kanka e McEnroe.

O primeiro encontro musical imprescindible chegará a Vigo o venres 6 de novembro da man de El Kanka. O artista malagueño, inmerso na súa ambiciosa xira Pallaso, dará a coñecer os seus últimos traballos e éxitos da súa traxectoria. Os seus concertos están consolidados como auténticas festas da música en directo. Con temas como “Lo mal que estoy y lo poco que me quejo” ou “Canela en rama”, El Kanka gaña o agarimo e a confianza do público grazas á súa autenticidade e optimismo. Tres discos e un EP despois, inicia a súa xira máis ambiciosa por máis de 16 capitais. Entre elas, Vigo, porto ao que regresa acompañado pola súa inseparable guitarra.

REVISTA NOVEMBRO

Ao día seguinte, o sábado 7, o público poderá coñecer en directo A distancia, o último traballo dunha das bandas fundamentais da última década do pop estatal: McEnroe. Desde Getxo chega un dos grandes nomes da escena independente estatal, responsables de éxitos como “Un rayo de luz” ou “Los valientes”. McEnroe presenta en Momentos Alhambra Acustiquísimos o seu sexto álbum, A distancia (2019), un traballo no que a banda biscaíña mira cara atrás para recoller a esencia do grupo.

Acustiquísimos continuará a última fin de semana de novembro no Palexco de A Coruña, onde os galegos do norte poderán desfrutar dos concertos de Fuel Fandango, que presentará o seu último traball Ortiga o venres 20, e Juan Perro, o sábado 21 de novembro.

As entradas desta Edición Atlántica sairán á venda o luns 5 de outubro ás 11.00 horas.