REVISTA ABRIL

Iggy Pop, The Vaccines, Two Door Cinema Club e Mando Diao tocarán no festival Latitudes de Vigo

Este verán Vigo acolle un novo festival no Peirao de Transatlánticos. Latitudes traerá o 19 e 20 de agosto grandes grupos internacionais como Iggy Pop, The Vaccines, Two Door Cinema Club e Mando Diao. Tamén haberá espazo para a escena galega coas actuacións de Bala, Aphonic, Zalomon Grass e Furious Monkey House.

Chegan boas noticias desde alta mar. Este verán trae consigo o regreso dun gran festival á cidade de Vigo. Latitudes traerá a grandes grupos internacionais ao Peirao de Transatlánticos durante os días 19 e 20 de agosto. O festival, que se celebrou po última vez no 2016 en Santiago de Compostela, chega a bo porto como parte da programación musical do Xacobeo 21-22.

REVISTA ABRIL

Latitudes arriba en Vigo cun cartel que inclúe algúns dos principais referentes da música rock do panorama internacional. Empezando polos irlandeses Two Door Cinema Club, sen esquecernos de bailar co suecos Mando Diao ou a banda británica The Vaccines, para chegar á lenda estadounidense do rock Iggy Pop.

Para darlles a benvida non faltarán os grupos galegos na programación do festival. A falta de máis incorporacións, na edición deste festival actuarán á banda viguesa Aphonnic, que tocarán o seu metal alternativo, os pontevedreses Furious Monkey House, o trío de blues cósmico, e tamén vigués, Zålomon Grass, e o dúo grunge galego Bala.

Os abonos sairán á venda en ataquilla.com mañá venres 1 de xullo ás 12:00h con catro tramos de prezos diferentes: 35€, 40€, 45€ e 50€. Os distintos tramos de prezo iranse abrindo a medida que se esgoten as entradas dispoñibles para cada un deles. Informarase sobre a programación e entradas por días proximamente.