CAMELIAS MASCOTAS

Videoxogos e literatura danse a man nunhas Xornadas en setembro

En 2019, a Fundación Carlos Casares organizou unha xornada que baixo o título “Videoxogo e Literatura” pretendía explorar as posibilidades de crear sinerxías entre ambos os dous espazos. Este ano repiten a iniciativa con dúas xornadas, que teñan lugar no auditorio do MARCO os días 11 e 12 de setembro, onde haberá unha exposición, faladoiros, mesas redondas e concursos.

Ao longo da historia, os videoxogos atoparon unha fonte de inspiración na narrativa máis tradicional, a literatura, pero é evidente que, sobre todo nos últimos anos, videoxogo e literatura se veñen nutrindo reciprocamente. A narrativa máis clásica inflúe no xeito de crear argumentos e personaxes nos videoxogos, e dalgunha forma isto tamén está a ocorrer á inversa. 

Por outra banda, diversos estudos vinculan o uso de videoxogos coa mellora da lectoescritura, da creatividade, da empatía e da comunicación positiva, así como tamén do benestar mental na xente nova. O videoxogo serve como vía para introducirse na historia de xeito máis profundo e interactivo que outras canles máis tradicionais.

A Fundación Carlos Casares xúntase co Museo do Videoxogo de Cangas (MUVI) para organizar estas II Xornadas de Videoxogo e Literatura, unha mirada transversal, os días 11 e 12 de setembro no auditorio do MARCO. O evento, que poderá a coller ata 26 persoas de forma presencial, poderase seguir tamén en liña a través das súas páxinas webs, Facebook e YouTube. A maiores, unha vez rematadas as xornadas, teñen pensado subir á web todo o contido subtitulado ao castelán.

REVISTA NOVEMBRO

A exposición que xa se pode visitar no Museo que proximamente poderase visitar de forma online e 360º trata sobre a historia do videoxogo, destacando os 26 fitos principais desta nun percorrido que inclúe consolas e xogos clásicos. Catro destes puntos de interese son galegos, unha forma de por en valor o bo facer da nosa industria, que aínda que non conta con moitas empresas dedicadas a este sector, si que posúe moito talento e moitas iniciativas por parte de xente nova. Segundo os expertos, as expectativas de cara ao ano 2022 son bastante optimistas.

Nesta segunda edición, que ocupará dous días completos, preténdese ampliar o coñecemento público sobre o sector, debullar as perspectivas de crecemento e integración na cadea de valor da cultura, apuntar os desafíos que enfrontan os seus profesionais, e ofrecer, tamén, a posibilidade de interactuar coas figuras máis dinámicas e prometedoras do sector, en calquera das súas especialidades. Haberá actividades para todos os públicos pero tamén algunhas de contido máis técnico, para os profesionais do sector ou persoas que aspiren a selo.

Se queres coñecer a súa ampla programación, preme aquí.