CASAACUNHA

Cinema e música danse a man na Festa dos Videoclips

Un total de 19 videoclips competirán este sábado ás 21:00 no Espacio Mahou do Mercado do Progreso nunha das actividades máis esperadas do Primavera do Cine, a Festa dos Videoclips. Música e cine danse a man nun evento que mostra a variedade de rexistros musicais e os diversos procedementos que posúe a linguaxe audiovisual para representalos.

Fotograma de Gris, da banda local Basanta | Xaime Miranda

A noite do sábado 4 de maio proxectaranse os videoclips que compiten por un premio do público na sección oficial. É este un evento que o Primavera do Cine leva organizando dende a súa primeira edición, presumindo da calidade das pezas proxectadas e da enorme acollida que tiveron por parte do público. O acto será a partir das 21:00 no Espacio Mahou do Mercado do Progreso, cunha entrada a 4€ que inclúe bebida.

Un ano máis, o festival ofrece unha selección de vídeos que resumen o actual panorama musical galego reflectindo a súa variedade de rexistros musicais e de procedementos audiovisuais para representalos. Todo isto nun ambente distendido, que rematará cun “fin de festa” infestado de nocturnidade e aleivosía en La Iguana Club. A mellor obra será escollida a través do voto dos presentes no Urban Market mediante unhas papeletas nas que se poderá poñer unha nota a cada vídeo.

En total serán 19 videoclips made in Galicia entre os que atopamos bandas como Love of Lesbian, La Pegatina con Macaco, The Limboos, Vudú, Cloaca, Robot Humano, Nortones, Ezetarre ou a porriñesa Xoana. Tamén hai unha gran representación local cos vídeos das bandas The Soul Jacket, Bakarrá!, Mileth, Son Trío, Voltaica, Igloo e Basanta.

Esta última banda volve a presentarse cun videoclip de Xaime Miranda (quen tamén dirixe o vídeo de Mileth) ao igual que o ano pasado, cando resultaron gañadores da categoría mediante voto popular co vídeo de Inferis. Tras a Festa dos Videoclips, Basanta actuarán ás 23:30 en La Iguana Club.

A continuación unha lista coa Sección Oficial da Festa dos Videoclips:

Charlie Sheen, de Bakarrá! (dir. Andrea Alonso)

Gris, de Basanta (dir. Xaime Miranda)

Cloaca Inmunda, de Cloaca (dir. Xosé Bento Veloso)

Pólvora e tormenta, de Ezetarre ft. High Paw (dir. Juan Pirola)

Veleno, de GHZ ft. Hugo Guezeta (dir. Adrián González)

G7, de Igloo (dir. Lara Isabel Gómez)

Ahora o nunca, de La Pegatina ft. Macaco (dir. Manu Viqueira)

El astronauta que vio a Elvis, de Love of Lesbian (dir. Ézaro Films e Ladybug Films)

De bruma e salitre, de Mileth (dir. Xaime Miranda)

Salto al vacío, de Nortones (dir. Pedro Folla)

Absenta, de Os Putos (dir. Fernando Cameselle)

Desphase, de Purila Sniper (dir. Carlos Martínez-Peñalver

3n m1 lug4r, de Robot humano (dir. Carlos A. Quirós)

Un día, de Son Trío (dir. Victorino Freire)

Blue Dream, de The Limboos (dir. Jaime Pantoja)

Rainbow Pills, de The Soul Jacket (dir. Pablo Vázquez e Denis Carballás)

Banner A Movidiña

Poland, de Voltaica (dir. David Hernández)

Corasón, de Vudú (dir. Juanpa Ameneiros)

Mártires, de Xoana (dir. Andreia Táboas)

(GMT+01:00) Progreso 41 Urban Market

(GMT+01:00) La Iguana Club