REVISTA ABRIL

Cine e montañismo danse a man no ciclo Mendi Tour

Montañeiros Celtas, este ano en colaboración con Alud e Multicines Norte, trae a Vigo por segundo ano consecutivo o Mendi Tour, con catro días de programación entre o 9 e o 12 de abril. Os Multicines Norte será o lugar onde a comunidade do alpinismo e do cine fusionaranse para gozar das películas máis actuais de cine de montaña e aventura.

O escalador Adam Ondra subindo The Dawn Wall, en California | Heinz Zak

Volve a Mostra de Cine de Montaña e Aventura, que nesta segunda edición pretende converterse nun clásico, ampliando a súa oferta de 2 a 4 días e incluíndo unha sesión dedicada específicamente ao público máis novo. Un total de 10 obras repartidas en 4 días, que poderemos visualizar nos Multicines Norte a partir das 20:10. As entradas por día serán de 5€ (4€ anticipadas) e o abono para todos so días custa 13€.

A Mostra comeza o martes 9 de abril coas proxeccións da curta Viacruxis, de Ignasi López, e The Dawn Wall, unha longametraxe dos estadounidenses Josh Lowell e Peter Mortimer. Esta última trata de cando Tommy Caldwell e Kevin Jorgeson cativaron ao mundo co seu esforzo por subir en libre a The Dawn Wall, unha parede de case 1000 metros de altura, aparentemente imposible de escalar, situada no Parque Nacional El Capitán de Yosemite (California).

As proxeccións continúan o mércores con Notes from the wall, unha mediometraxe belga de Siebe Vanhee e Guillaume Lion; e This Mountain Life, unha longa de Grant Baldwin, na que Martina e súa nai Tania, de 60 anos, embárcanse nunha viaxe de seis meses para esquiar polas montañas traizoeiras da costa oeste do Canadá. Ademais de lugares incribles, ao longo da súa aventura atoparás persoaxes fascinantes e inspiradores.

REVISTA ABRIL

O xoves teremos dúas curtas e unha longa. Walmapu, de Ben Sturgulewski, abrirá o serán cinéfilo, que continuará con Liv along the way, de Anthony Bonello e Mike Douglas. Por último proxectarase The Weight of Water, de Michael Brown, no que a pesar da súa cegueira, Erik Weihenmayer é unha persoa que quere facer frente aos seus medos. Neste caso o seu terror a morrer afogado, polo que viaxará ao Gran Cañón para subirse a un kayak e afrontar os rápidos do río Colorado.

Pero antes, ás 18:30, terá lugar a sesión xuvenil, coas proxeccións das curtas Wallmapu, Vilacruxis, RJ Ripper e Up to Speed, cun prezo de 2€ para menores de idade e de 4€ para adultos.

A Mostra de Cine de Montaña e Aventura rematará o venres coas proxeccións de The Search for the Wooo, de Marten Piersel; Everest Green, de Jean-Michel Jorda; e Age of Ondra, de Josh Lowell, Zachary Barr e Peter Mortimer, que se centra na vida de Adam Ondra, o primeiro e único escalador no mundo en completar unha vía de 9c: Silence, en Noruega.

(GMT+01:00) Multicines Norte

(GMT+01:00) Multicines Norte

(GMT+01:00) Multicines Norte

(GMT+01:00) Multicines Norte

(GMT+01:00) Multicines Norte